Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA DÚAS PARCELAS DO POLÍGONO RESIDENCIAL DE VALDECORVOS NAS QUE SE CONSTRUIRÁN 33 NOVAS VIVENDAS NESTE BARRIO DE PONTEVEDRA

• A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo este anuncio durante a visita á Cidade do Lérez, onde destacou que esta nova actuación será un novo pulo para o desenvolvemento social do barrio
• Recorda que na actualidade máis de 100 familias xa están a vivir neste barrio, no que tamén se están a construír unha decena de vivendas

Pontevedra, 27 de outubro de 2020.- A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá que o Instituto galego de Vivenda e Solo vén de adxudicar dúas novas parcelas no polígono residencial de Valdecorvos en Pontevedra, nas que se construirán 33 novas vivendas de protección autonómica.

Ángeles Vázquez fixo esta mañá este anuncio durante unha visita a este polígono, onde estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luísa Piñeiro, e onde salientou que as parcelas adxudicadas -a mesma cooperativa- suman 3,245,50 m2 e se adxudican por un importe de 1,3 millóns de euros.

A conselleira destacou que as 33 novas vivendas que se construirán están destinadas a familias mozas que desexen asentarse nesta zona de Pontevedra, “un dos barrios máis dinámicos e de recente creación da cidade” e nos que se construirán vivendas innovadoras, ecolóxicas e de reducido consumo enerxético.

A responsable de Medio Ambiente recordou que as dúas parcelas adxudicadas forman parte do concurso público lanzado pola Xunta en decembro de 2019 polo que se puxeron 45.000 metros cadrados de solo residencial urbanizado a disposición dos promotores e cooperativas interesados en promover vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra, concretamente 5.500 m2.

Coas futuras vivendas destas dúas parcelas dáse un novo paso no desenvolvemento social desta zona de Pontevedra, pois as 33 vivendas previstas sumaranse ás máis de 180 que actualmente xa están habitadas e a outra decena que se atopan en construción; ao tempo que se facilita o acceso a un fogar aos veciños de Pontevedra, un xeito de axudalos a independizarse.

Ángeles Vázquez recordou que esta actuación non é a única medidas posta en marcha pola Xunta en materia de vivenda na Cidade do Lérez e recordou que, onte mesmo, se iniciou o proceso de adxudicación das vivendas que a Xunta rehabilitou no barrio pontevedrés de Monteporreiro, na rúa Alemaña, número 44, despois de investir preto de 200.000 euros e permitiu obter un local comercial e tres novas vivendas protexidas para os veciños desta cidade.

Por último, indicou que ao longo dos anos as políticas en materia de vivenda mudaron para adaptarase aos tempos que corren, pero o que non variou foi o compromiso do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda desde distintos puntos de vista.