Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS ENTREGOU CATRO VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE SARRIA

-    Tres foron adxudicadas en réxime de alugueiro e unha en compravenda.

-    O prezo mensual do alugueiro é de 135,14 euros, mentres a cota hipotecaria da adxudicada en compravenda ascende a 305 euros mensuais.

Sarria (Lugo), 9 de novembro de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, entregou hoxe catro vivendas de promoción pública a outras tantas familias no concello lucense de Sarria. Á entrega acudiu o Xefe Territorial da Consellería na provincia, Xosé María López Vega. 

Das catro vivendas entregadas, tres foron adxudicadas en réxime de alugueiro, cunha renda mensual de 135,14 euros. 

A cuarta vivenda foi adxudicada en réxime de compravenda, por un prezo de 52.234, o que supón unha cota hipotecaria mensual de 305 euros. 

As catro vivendas entregadas quedaran vacantes e corresponden a un grupo de vivendas de promoción pública iniciado en 2004 e emprazado na rúa Frei Luis de Granada, da vila de Sarria. 

Tres das catro vivendas entregadas hoxe dispoñen de catro dormitorios e unha superficie útil de 90 metros cadrados, mentres que a cuarta é de tres dormitorios e 82 metros cadrados de superficie útil. Todas contan cunha praza de garaxe e un trasteiro.