Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O DIRECTOR XERAL DO IGVS RECIBIU AO ALCALDE DE ARBO PARA EXPLICAR ALGÚNS ASPECTO DO PLAN DE VIVENDA 2009-2012

-    O Plan permite cualificar como protexidas vivendas individuais incluídas en promocións de vivendas libres en construción, así como a venda ao abeiro do mesmo de vivendas libres xa construídas

Santiago, 11 de novembro de 2009.- O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Antonio Boné, recibiu está mañá ao alcalde de Arbo, Manuel Rivera Domínguez, dado o interese do mesmo polo novo Plan de Vivenda 2009-2012, que entrou en vigor a pasada semana. 

Na reunión, Boné explicou as distintas posibilidades que ofrece o Plan para a promoción de vivendas protexidas e a venda de vivendas xa existentes ao abeiro do mesmo. 

O Plan de Vivenda 2009-2012 permite a cualificación como protexida de vivendas individuais que se atopen en construción en promocións de vivenda libre, sempre que as mesmas cumpran os requisitos de prezo máximo e superficie incluídas no plan e o comprador da cumpra os requisitos establecidos para os adquirentes. 

Doutra banda, o Plan prevé tamén a posibilidade de amparar a venda de vivendas libres xa construídas, sempre que se cumpran as condicións establecidas no Plan e pasara polo menos un ano entre a obtención da licenza de primeira ocupación e a venda das mesmas. 

Ambas modalidades son de gran interese en concellos onde os promotores non promoven vivendas protexidas, xa que supoñen un medio alternativo para adquirir vivenda coas axudas establecidas no Plan e, ao mesmo tempo, permitirán a venda de vivendas construídas que non atoparon comprador.