Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O XERENTE DE XESTUR PONTEVEDRA CONFIRMA EN CUNTIS A INTENCIÓN DE CONTINUAR CO PLANEAMENTO DO PARQUE EMRPESARIAL DE A RAN

-    En 2010 continuará a tramitación do planeamento dirixido a ordenar o polígono de A Ran.

-    A adquisición de solo para urbanizar comezará a finais de 2010 ou comezos de 2011 e desenvolverase en función da demanda.

-    As previsións de Xestur axústanse á realidade, lonxe das previsións imposibles do anterior goberno, que executou unha ínfima parte do presupostado para o parque de A Ran

Santiago, 30 de novembro de 2009.- Xestur Pontevedra continuará en 2010 coa tramitación do planeamento do parque empresarial de A Ran, no concello de Cuntis, co obxectivo de ordenar esta zona empresarial consolidada na que se emprazan diferentes empresas, en réxime de concesión polo concello, que na actualidade carece dos servizos básicos para ser considerado un parque empresarial.

O xerente de Xestur Pontevedra, Xavier Domínguez Lino, mantivo hoxe una reunión coa alcaldesa en funcións de Cuntis e os portavoces dos partidos representados na corporación municipal na que explicou que, unha vez rematado o planeamento, a adquisición e urbanización de solo se realizará en función da demanda real existente, posto que a situación financeira en que o anterior goberno deixou a Xestur Pontevedra impide inmobilizar recursos financeiros en promocións sen demanda.

Actualmente estanse a recibir os preceptivos informes sectoriais ao proxecto sectorial do parque empresarial, cuxa tramitación se prevé rematar en 2010, o que permitirá iniciar o proceso de legalizacións das empresas xa existentes no ámbito do futuro parque.

Xavier Domínguez explicou que as previsións de Xestur son realistas e correspóndense co que realmente se pode realizar no parque de A Ran, sen caer en previsións imposibles de cumprir, como sucedeu co orzamento de 2008 en que o anterior equipo de goberno de Xestur presupostou 12.424.194 euros para o parque de A Ran, mentres o investimento real foi de 661.266 euros, un 5,3 por cento do presupostado, destinados integramente a traballos técnicos.

En función da demanda real de solo empresarial en Cuntis, a adquisición de solo para urbanizar comezaría a finais de 2010 ou comezos de 2011.