Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

MEDIO AMBIENTE LICITA OS TRES PROXECTOS DE EXPROPIACIÓN DOS TERREOS NECESARIOS PARA AMPLIAR SAN PAIO DE NAVIA, EN VIGO

- Tamén saca a contratación a realización dun estudo xeotécnico para redactar o proxecto de urbanización dos tres polígonos en que se divide o ámbito

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2019
.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar os contratos de servizos para a redacción de tres proxectos de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación de San Paio de Navia, no Concello de Vigo, así como a realización do estudo xeotécnico deste mesmo ámbito.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), organismo dependente da Consellería, destinará 79.860 euros á realización dos tres proxectos de expropiación das parcelas que non foron adquiridas en compravenda ou por permuta na ampliación do solo residencial para vivenda protexida de San Paio de Navia. Realizarase un proxecto de expropiación para cada un dos tres polígonos en que está dividida a ampliación. Os interesados terán ata o próximo 4 de abril para a presentación das súas ofertas.

Por outra parte, o IGVS licitou tamén o contrato de servizo para realizar un estudo xeotécnico para a redacción do proxecto de urbanización dos polígonos 1, 2 e 3 do Plan Parcial de San Paio de Navia. O importe de licitación neste caso ascende a 31.666,91 euros e o prazo para poder presentar as ofertas remata o 15 de marzo.