Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

UN TOTAL DE 18 EMPRESAS OPTARÁN Á CONSTRUCIÓN DE 40 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA NO PARQUE OFIMÁTICO DA CORUÑA

◾ O pasado mes de setembro o Instituto Galego da Vivenda e Solo sacou a licitación esta obra, cun investimento previsto de máis de 6,1 millóns de euros

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2019.- Un total de 18 empresas presentaron as súas ofertas para optar ao contrato para a construción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña. Esta actuación foi licitada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o pasado 23 de setembro por un importe de 6.123.785,21 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución previsto dun máximo de 24 meses.

As 40 vivendas de promoción pública comporán un edificio que consta de tres sotos, andar baixo e cinco andares altos de vivenda, divididos en catro portais. Cada un destes portais dará servizo a un total de 10 vivendas, dúas por planta. Así mesmo, no andar baixo sitúanse tamén cinco locais comerciais, mentres que os tres sotos previstos conterán 89 prazas de aparcamento, 40 rochos e outras instalacións.

As 40 vivendas repartiranse da seguinte maneira, en función do número de dormitorios:

Número de vivendas

Número de dormitorios

Superficie últil
2

3 dormitorios. Vivendas adaptadas para o uso por persoas con mobilidade reducida

107 m 2

5

2 dormitorios

65 m 2

30

3 dormitorios

91 m 2

3

4 dormitorios

106m 2