Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA INVESTIRÁ 2,5 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA SUBESTACIÓN ELECTRICA NO PARQUE EMPRESARIAL DA SIONLLA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

◾ A  empresa pública Xestur xa cedeu a parcela na que se construirá e financiará os custes da mesma
◾ Prevese a súa entrada en servizo a finais do ano 2020
◾ Reforzará o subministro eléctrico ao parque da Sionlla e zonas próximas, coma o polígono de Costa vella, de titularidade municipal
 

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2019.- Antes de finais de 2020 estará rematada a nova subestación eléctrica que dará servizo ao parque empresarial da Sionlla e que financia a empresa pública Xestur Galicia.

A Xunta de Galicia asume un investimento de 2,5 millóns de euros para a construción da subestación, que será executada pola empresa subministradora de enerxía que construirá esta nova subestación nunha parcela cedida gratuitamente por Xestur.

O servizo eléctrico ás empresas asentadas no parque empresarial da Sionlla está garantido a través do convenio asinado entre Xestur e Unión Fenosa Distribución. A nova subestación garantirá o subministro eléctrico ao parque empresarial cando todas as parcelas estean en funcionamento e tamén servirá para reforzar o subministro do polígono de Costa Vella, de titularidade municipal.