• Trátase das vivendas de promoción pública que se atopan en construción na rúa Ignacio Grobas,
19
• A Comisión Provincial de Vivenda tamén iniciou o procedemento para a elaboración dunha
segunda lista de adxudicatarios, co fin de asignar as que poidan quedar vacantes noutros grupos de
vivendas por renuncia dos actuais beneficiarios
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020-. A Xunta de Galicia vén de iniciar
o procedemento para a adxudicación dun total de 33 vivendas de promoción pública (VPP) de nova
construción no Concello de Vigo, que actualmente están en proceso de construción na rúa Ignacio
Groba 19. Ademais, tamén se inicia o procedemento para elaborar unha lista de adxudicatarios de
futuras vivendas vacantes noutros grupos de VPP da cidade.
As vivendas serán adxudicadas mediante sorteo público, que se celebrará o 22 de outubro entre
os demandantes que na data de hoxe estean inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de
Galicia ou teñan solicitada a inscrición.
As vivendas a adxudicar dispoñen de 2, 3 ou 4 dormitorios, segundo se indica no cadro. Cada
vivenda leva vinculada unha praza de garaxe e un rocho.
NÚMERO DE VIVENDAS
|
NÚMERO DE DORMITORIOS
|
SUPERFICIE ÚTIL APROXIMADA m
2
|
2
|
2
|
72,24
|
25
|
3
|
83,9
|
4
|
4
|
107,74
|
2
Adaptadas para persoas con mobilidade reducida
|
3
|
90,44
|
As vivendas serán adxudicadas por lotes, en función do número de integrantes da unidade
familiar, segundo se indica deseguido.
TIPO DE VIVENDA
|
NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
|
2 dormitorios
|
1, 2 ou 3
|
3 dormitorios
|
4 membros
|
4 dormitorios
|
5 membros ou máis
|
2 dormitorios (adaptadas para mobilidade reducida)
|
Sen límite de membros
|
Na adxudicación das vivendas adaptadas para mobilidade reducida terán preferencia, en primeiro
lugar, aquelas persoas que precisen de cadeira para os seus desprazamentos ou dependan
absolutamente de dous bastóns para deambular. En segundo lugar terán preferencia as persoas que
acrediten unha enfermidade ou discapacidade permanente que, polo seu desenvolvemento, poida chegar
a impedir desprazarse sen axuda ou que afecten notoriamente a súa mobilidade.
As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro cando os ingresos da unidade familiar non
superen 1,5 veces o Iprem e en réxime de compravenda para ingresos familiares entre 1,5 e 2,5 veces
o Iprem.
Do sorteo que se realice o 22 de outubro sairá unha lista composta por 20 solicitantes para
as vivendas de dous dormitorios, 40 para as de tres dormitorios e 20 para as de catro dormitorios.
No caso de vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida a lista estará composta por
todos os solicitantes.
O feito de resultar adxudicatario provisional no sorteo, non determinará a condición de
adxudicatario definitivo, en tanto non se acredite que se reúnen os requisitos para o acceso ás
VPP. No caso de que algún integrante la lista non cumpra os requisitos será excluído da mesma.
A lista de adxudicatarios provisionais resultante do sorteo, publicarase nos taboleiros de
anuncios do Concello de Vigo, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na
páxina web do IGVS. Despois da publicación da lista provisional os solicitantes que se consideren
prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de dez días desde a publicación, para presentar
reclamación ante a Comisión Provincial de Vivenda.
Lista para vacantes
Por outra parte, a Comisión Provincial de Vivenda iniciou hoxe o procedemento para a
confección da lista de adxudicatarios de vivendas de promoción pública que poidan quedar vacantes
noutras promocións da cidade.
A través desta lista adxudicaranse as vivendas que actualmente están alugadas cando queden
vacantes no resto de promocións de VPP existentes na cidade de Vigo. Desta maneira, axilízase o
procedemento de adxudicación das vivendas cando quedan baleiras por renuncia dos actuais
adxudicatarios. Neste caso o sorteo realizarase o 29 de outubro.