• Trátase dunha parcela que ten unha superficie de menos de 1.000 metros cadrados
• Dende 2015 a Xunta adxudicou solo empresarial con bonificacións do prezo de venda por máis
de 64 millóns de euros
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021.- A Xunta de Galicia, a través da
empresa pública Xestur, adxudicou unha nova parcela de solo bonificado no parque empresarial de
Pereiro de Aguiar. Esta é unha nova mostra do apoio e esforzo do Goberno galego para fomentar e
facilitar a implantación de empresas nos solos urbanizado para tal fin.
A parcela adxudicada no parque de Pereiro de Aguiar ten unha superficie de 848 metros
cadrados e foi adxudicada a unha empresa que se dedica á reparación de vehículos, por un importe de
preto de 34.000 euros despois de aplicar unha bonificación de preto de 34.000 euros.
As bonificacións aplicadas na venda de solo empresarial da Xunta de Galicia dende 2015
superan os 64 millóns de euros, que supoñen un importante apoio público á creación de riqueza e
emprego por parte das empresas asentadas en Galicia.