Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA UNHA PARCELA NO PARQUE EMPRESARIAL DE CARBALLO CUNHA BONIFICACIÓN DE MÁIS DE 55.000 EUROS NO PREZO DE VENDA

• A superficie total da parcela adxudicada é de 1.435 metros cadrados
• Dende 2015 a Xunta adxudicou solo empresarial con bonificacións do prezo de venda por máis de 64 millóns de euros

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021
.- A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Xestur, adxudicou unha nova parcela de solo bonificado no parque empresarial de Bértoa, en Carballo. Esta á unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar a implantación de empresas nos solos urbanizado para tal fin.

A parcela adxudicada no parque de Bértoa ten unha superficie de 1.435 metros cadrados e foi adxudicada por un importe de máis de 60.000 euros, despois de aplicar unha bonificación de máis de 55.000 euros.

As bonificacións aplicadas na venda de solo empresarial da Xunta de Galicia dende 2015 superan os 64 millóns de euros, o que supoñen un importante apoio público á creación de riqueza e emprego por parte das empresas asentadas en Galicia.