Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ABOARÁ NO MES DE NOVEMBRO PRETO DE TRES MILLÓNS DE EUROS AOS PROPIETARIOS AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DA PLISAN

- Os pagos corresponden a un total de máis de 1.000 fincas e levaranse a cabo os días 14, 15, 16, 17, 28, 29 e 30 de novembro, no Centro Social do Concello das Neves.
- O Goberno galego realizará o pagos a máis de 1.000 fincas, con financiación dos tres organismos que desenvolven esta infraestrutura
- Así mesmo preveese que a licitación das obras da urbanización interior da zona Loxístico Empresarial realizarase antes de rematar este ano e contará cun orzamento de máis de 12 millóns de euros

 

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, aboará no vindeiro mes de novembro preto de tres millóns de euros correspondentes a expropiacións realizadas para o desenvolvemento da plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN), tal como establece o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 

O importe é financiado polos tres organismos que promoven esta infraestrutura, para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/Qjpg3g.

 

Os pagos corresponden a un total de máis de 1.000 fincas e levaranse a cabo os días 14, 15, 16, 17, 28, 29 e 30 de novembro, no Centro Social do Concello pontevedrés das Neves. Así mesmo, notificaránselles individualmente ás persoas titulares dos terreos a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas complementarias de pagamento.

 

Os abonos que se van realizar corresponden a incrementos sobre o prezo da expropiación, fixados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ou o Xurado de Expropiación.

 

Neste momento, as obras da primeira fase dos sistemas xerais xa están rematadas e a actuación para a construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) xa foi adxudicada por un importe de 3.126.398 euros.

 

Así mesmo, preevese a licitación das obras da urbanización interior da zona Loxístico Empresarial antes de rematar este ano e contará cun orzamento de máis de 12 millóns de euros e estación de tratamento de auga potable (ETAP) cun investimento de 5,62 millóns de euros.

 

Antes de finalizar o presente ano, está previsto convocar un concurso de venda de solo empresarial na PLISAN, no que se fixará un prezo de 50 euros por metro cadrado para os primeiro 100.000 metros cadrados que se vendan.

 

 

 

 

 

 

As empresas que adquiran solo poderán simultanear as obras de construción das súas instalacións coas de urbanización interior da zona Loxístico Empresarial e da EDAR e ETAP.