Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA CONVOCA OS TITULARES DE TERREOS AFECTADOS POLAS OBRAS DA PLISAN PARA O ABONO DE MÁIS DE 1 MILLÓNS DE EUROS EN CONCEPTO DE EXPROPIACIÓNS

- Os pagamentos, con cargo aos tres organismos promotores da PLISAN, faranse efectivos os días 8, 9 e 10 de maio no Concello das Neves e afectan a un total de 444 fincas
As obras da depuradora xa foron adxudicadas e as da potabilizadora e da urbanización interior están en proceso de contratación

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se procederá a realizar no vindeiro mes de maio o abono de máis dun millón de euros a propietarios dos terreos expropiados para a execución das obras da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra -As Neves (Plisan).

Os pagamentos, con cargo aos tres organismos promotores da Plisan, faranse efectivos os días 8, 9 e 10 de maio no Concello das Neves e afectan a un total de 444 fincas. Con estes pagos rematan os correspondentes a sentenzas e resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, salvo os bens afectados pola retroacción do expediente.

Paralelamente, o Goberno galego, xunto co Consorcio da Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo continúa a traballar no desenvolvemento da Plisan como gran nodo loxístico do sur de Galicia.

As obras da primeira fase dos servizos xerais da PLISAN xa están rematadas. A redacción do proxecto e execución da obra da estación depuradora de augas residuais está xa en marcha, a través dun contato de máis de 3 millóns de euros que inclúe a tamén a, construción da depuradora, colector, posta en marcha e explotación durante os tres primeiros anos.

Por outra parte, o Consorcio da Zona Franca de Vigo licitou en decembro pasado a urbanización interior da zona loxístico-empresarial, por importe de 10,13 millóns de euros e a construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP) foi licitada polo Goberno galego o 10 de xaneiro de 2018, por importe de máis de 6 millóns de euros.