- Distingue aos autores de proxectos de obra nova e rehabilitación rematados en Galicia en 2016
e 2017
- Tamén premia o mellor traballo de arquitectura sustentable e a traxectoria profesional
máis destacada
- En total outorgaranse premios por valor de 24.000 euros
- Na primeira edición o premio de arquitectura foi para Casa Chao, en Corcubión (A Coruña),
e o de rehabilitación para catro edificios da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo
- O arquitecto Andrés Fernández- Albalat Lois recibiu no 2016 o recoñecemento especial á
traxectoria profesional e os arquitectos Juan Zaballa e Daniel Guisande Lago, premio a
sustentabilidade, pola súa intervención no camping Illa de Ons
Santiago, 13 de abril de 2018.- A Xunta de Galicia premiará aos mellores traballos
rematados en 2016 e 2017 nos campos da arquitectura e a rehabilitación, a través dunha nova
convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. Tamén se galardoará a
traxectoria profesional dun arquitecto galego destacado. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a
segunda edición deste galardón, despois da realizada no 2016.
O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación,
recoñecendo a calidade das edificacións rematadas en 2016 e 2017, tanto de obra nova como de
rehabilitación.
Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria
profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e
comprometida co medio ambiente, en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O
premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á
arquitectura no territorio galego.
Os premios, que convoca a Consellería de Infraestruturas e Vivenda suman un importen total de
24.000 euros, dotándose con 6.000 euros cada unha das catro categorías.
O Premio galego de arquitectura outorgarase a os proxectos de novas edificación ou obras de
ampliación cuxa entidade permita a súa valoración independente á construción orixinal. E o Premio
galego de rehabilitación, galardoará aqueles proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións
de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
O xurado poderá outorgar ademais sendos galardons á categorías especiais de sustentabilidade
e a traxectoria profesional.
O premio á sustentabilidade, destaca aquela actuación que supoña a implantación dunha
arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras. E o dirixido á
traxectoria profesional, recoñecerá á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no
territorio galego. Este galardón será outorgado polo xurado, en base ás propostas formuladas polas
entidades integrantes do mesmo.
Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o
xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
Poden optar a estes premios os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre os
días 1 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 dentro do territorio da comunidade autónoma. Os
autores dos proxectos deberán ser arquitectos. No caso do premio á traxectoria profesional non se
establece ningún tipo de límite temporal.
A presentación das candidaturas será realizada por parte de algunha das institucións que
formarán parte do xurado.
O xurado estará presidido pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez, e
integrado por representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Real Academia Gallega de
Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade
da Coruña; Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; Colexio Oficial
de Arquitectos de Galicia; Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos;
Federación Galega da Construción e Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.
O detalle das bases desta nova convocatoria poden consultarse no DOG:
https://bit.ly/2HwcQ4y .
Premiados 2016
Na primeira edición dos premios, celebrada en 2016, resultaron galardoados os seguintes
traballos:
ARQUITECTURA
|
Casa Chao
, en Corcubión (A Coruña). Arquitectos:
Juan Creus e Covadonga Carrasco
|
PREMIO DE REHABILITACIÓN
|
Catro edificios da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo
, na Rúa real, Vigo. Arquitectos:
Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso
|
PREMIO Á SUSTENTABILIDADE
|
Campig Illa de Ons
, na Illa de Ons. Arquitectos:
Juan Zaballa Malcorra e Daniel Guisande Lago
|
PREMIO ESPECIAL Á TRAXECTORIA PROFESIONAL
|
Andrés Fernández-Albalat Lois
|