Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICA DÚAS PARCELAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE BÉRTOA, EN CARBALLO

- Suman un total de 5.882 metros cadrados, cun prezo despois da bonificación de máis de 262.000 euros
- Desde a implantación en 2015 das bonificacións no solo, neste parque adxudicáronse máis de 268.000 metros cadrados para a implantación de empresas ou ampliación das súas instalacións
- Neste parque quedan dispoñibles un total de 31 parcelas, que suman unha superficie de preto de 98.000 m2

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia adxudicou dúas parcelas no parque empresarial de Bértoa (Carballo), cunha superficie conxunta de 5.882 metros cadrados por importe que supera os 262.0000 euros, despois de aplicar unha bonificación polo mesmo importe.

Desde a implantación en 2015 das bonificacións no solo empresarial, no parque de Bértoa adxudicáronse máis de 268.000 metros cadrados para a implantación de empresas ou ampliación das súas instalacións, cunha bonificación do prezo das parcelas dun 50%.

No parque de Carballo quedan dispoñibles para venda ou adxudicación en dereito de superficie un total de 31 parcelas, que suman unha superficie de preto de 98.000 metros cadrados. E en total o parque empresarial de Bértoa ten 458.619 m2 .

O prezo de venda das parcelas no parque empresarial de Bértoa oscila entre os 39 e 46 euros por metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación do 50%. E o canon por adxudicación en dereito de superficie vai de 1,65 a 2,02 euros por metro cadrado e ano os dous primeiros anos.