Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA A SINATURA DO CONVENIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA en GALICIA, QUE SUPORÁ DESTINAR PRETO DE 107 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS ATA 2021

- A Administración autonómica achega un cofinanciamento de case 25 millóns de euros, cumprindo así co requisito establecido para elevar ao máximo o investimento do Estado, que chegará ata 82,2 millóns de euros
- A nova planificación foi aprobada polo anterior Goberno de España e supón un incremento de recursos estatais de máis do 60% con resepecto ao destinado entre 2013 e 2017
A Xunta dedicará os recursos deste plan a avanzar nos seus obxectivos de fomento da rehabilitación e o alugueiro e a loita contra os desafiuzamentos, con especial atención á dinamización do rural e o apoio a mozos e maiores
- Convocaranse axudas a mozos para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
- Prevese que este Plan beneficie a 18.700 familias galegas e xere 11.000 empregos, fomentando unha mobilización de recursos de máis de 250 millóns de euros
- O Goberno galego avanzou xa a convocatoria das axudas ao alugueiro e nas vindeiras semanas prevé publicar novas subvencións por importe de máis de 12,5 millóns de euros

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para o desenvolvemento na nosa Comunidade do Plan Estatal de Vivenda, que permitirá destinar preto de 107 millóns de euros a axudas ata o ano 2021.

En virtude do convenio autorizado hoxe, a Administración autonómica achegará case 25 millóns de euros para cofinanciar este Plan, o que fai posible elevar ata o máximo o investimento do Estado, que ascenderá ata 82,2 millóns de euros.

As liñas de axudas que inclúe o Plan estatal de vivenda en Galicia son as seguintes:

- Programa de axuda ao alugamento de vivenda.
- Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual
- Programa de fomento do parque público de vivenda en alugamento.
- Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentación das vivendas.
- Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade e de utilización e da accesibilidade en vivendas.
- Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.
- Programa de axuda aos mozos.
- Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

O Plan estatal de Vivenda 2018-2021 foi aprobado polo anterior Goberno de España e supón un incremento de recursos do Estado en Galicia de máis do 60% con respecto ao destinado no anterior período, 2013-2017.

O Goberno galego considera que este Plan constitúe unha os recursos deste plan a avanzar nos seus obxectivos de fomento da rehabilitación e o alugueiro, a loita contra os desafiuzamentos, con especial atención á dinamización do rural e o apoio a mozos e maiores

Coincidindo coa política de vivenda da Xunta de Galicia, a distribución porcentual dos recursos implica que a rehabilitación será o eixo fundamental de desenvolvemento económico e social, aglutinando o 60% dos fondos. A rehabilitación non só busca a dinamización dos núcleos rurais, dos cascos históricos e das áreas urbanas de degradadas e mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas, senón que tamén constitúe unha importante fonte de xeración de emprego, dado que as actuacións de rehabilitación son as obras que máis emprego xera por cada de euro.

Outra das prioridades serán o apoio ao alugueiro as familias con menos recursos, o alugueiro e as facilidades aos mozos menores de 35 anos no acceso a vivenda tanto en propiedade como en aluguer e a súa rehabilitación.

Nese sentido, destaca a liña de axuda aos mozos para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

 

 

Actuacións

Contía

Porcentaxe sobre total

Programas de Aluguer

32.072.600 €

30%

Mozos (aluguer e adquisición)

10.574.400 €

10%

Rehabilitación

64.279.300 €

60%

Total

106.926.300 €

100,00%

 

 

A Xunta xa avanzou nos trámites para a concesión das axudas en tanto en canto non se formaliza a sinatura deste convenio co Ministerio de Fomento. Desta maneira, as axudas ao alugamento de vivendas xa foron convocadas a través da publicación das bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia o pasado 28 de xuño, estando aberto ata o próximo 30 de xullo o prazo de solicitudes, cun orzamento total de 14,8 millós de euros.

Ao mesmo tempo, está moi avanzada a tramitación das restantes liñas de axudas, co obxectivo de publicar as bases e convocatorias respectivas nas vinderias semanas, en que se prevé publicar novas subvencións por improte de máis de 12,5 millóns de euros.

 

Esta previsto que o desenvolvemento deste Plan en Galicia beneficie a 18.700 familias galegas e xere 11.000 empregos, ademais de incentivar unha mobilización de recursos de máis de 250 millóns de euros.