- [21-07-09]
ASINOUSE EN SANTIAGO O ACORDO DE COLABORACIÓN DO PROXECTO “ADAPTACLIMA” PARA O DESENVOLVEMENTO DE MEDIDAS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO
Foi proposto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e participan representantes de Galicia, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Extremadura, Francia e Portugal. O proxecto insírese no programa de Cooperación Territorial Espacio Sudeste Europeo (Interreg SUDOE). A Unión Europea financiará o 75 por cento do orzamento total, que ascende a 1.293.993,33 euros.
- [17-07-09]
CO SORTEO REALIZADO HOXE ÁBRESE O PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DE 343 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SAN PAIO DE NAVIA (VIGO)
As listas poderán consultarse na sede do IGVS, na delegación da Xunta en Vigo, no Concello e na web do IGVS Os agraciados no sorteo recibirán unha comunicación do IGVS requirindo a documentación necesaria
- [02-07-09]
O IGVS INICIA O EXPEDENTE EXPROPIATORIO DOS BENS NECESARIOS PARA A EXECUCIÓN DO PARQUE DE TABOADA EN LUGO
Nesta infraestrutura prevese un investimento de case dous millóns de euros O parque empresarial contarán cunha superficie de máis de 85.900 metros cadrados
- [01-07-09]
COMEZA A SINATURA DE ACTAS DE PAGO E OCUPACIÓN DOS TERREOS EXPROPIADOS PARA O PARQUE EMPRESARIAL DE AS GÁNDARAS (LUGO)
A expropiación inclúe máis de 760.000 metros cadrados, repartidos en 160 fincas, e acada un investimento de máis de 10,5 millóns de euros A primeira fase do parque empresarial está xa en execución, ocupará un total de 876.000 metros cadrados e prevese o seu remate a finais de 2010 A superficie total do parque empresarial de As Gándaras acadará 2.167.503 metros cadrados
- [26-06-09]
A XUNTA ENTREGA AO CONCELLO DE MACEDA AS 23 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA DESTINADAS AO REALOXAMENTO DE CHABOLISTAS
A tramitación deste proxecto iniciouse en 2004 O Concello será o encargado de entregalas aos adxudicatarios, en réxime de alugueiro O IGVS investiu máis de 3,3 millóns de euros na construción das vivendas e o saneamento e urbanización da zona
- [23-06-09]
AGUSTÍN HERNÁNDEZ LEMBRA QUE O BIPARTITO PARALIZOU O PARQUE EMPRESARIAL DE CARBALLEDA DE AVÍA POR CONSIDERALO INVIABLE E CONFIRMA A SÚA ANULACIÓN
O Parque Medioambiental de Carballeda de Avia foi unha iniciativa conxunta das consellerías de Medio Ambiente e de Vivenda e Solo, actuando esta última como promotora • O Goberno galego non cree que exista a necesidade de anular este proxecto, porque esta actuación xa estaba paralizada polo seu promotor, a anterior Consellería de Vivenda e Solo, desde decembro de 2008 • O Goberno galego traballa nun plan de residuos que acade o mellor consenso posible e resolva os problemas existentes
- [19-06-09]
ACLARACIÓN DA XUNTA DE GALICIA SOBRE OS INVESTIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL A TRAVÉS DO PLAN DE VIVENDA
• Se os recursos financeiros comprometidos para Galicia polo Ministerio de Vivenda para o Plan de Vivenda 2009-2012 acadan os 463,4 millóns de euros (incluíndo a subsidiación), os recursos totais do Plan aproximaranse aos 600 millóns de euros, unha vez sumada a achega da Xunta de Galicia
- [16-06-09]
A DÉBEDA DE XESTUR DE LUGO SUPERA OS 24 MILLÓNS DE EUROS
O departamento que dirixe Agustín Hernández considera que a situación financeira é preocupante mentres a conxuntura económica xeral non inicie a súa recuperación As operacións nas Gándaras e en Garabolos suman unha débeda total de 16,4 millóns de euros para Xestur Lugo, provocando na entidade unha situación moi preocupante que non se tería producido de ter xestionado estas actuacións axeitadamente por parte do anterior Goberno
- [16-06-09]
OS AFECTADOS POLA PLATAFORMA LOXÍSTICA SALVATERRA- AS NEVES SERÁN RECIBIDOS NA CONSELLERÍA, UNHA VEZ QUE SE ESTUDIE A SITUACIÓN DEIXADA POLO BIPARTITO EN RELACIÓN CON ESTE TEMA
- [12-06-09]
AGUSTÍN HERNÁNDEZ CONFIRMA A AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE PAZOS E A URBANIZACIÓN DA PRIMEIRA FASE DO POLÍGONO DE TAMAGOS, EN VERÍN
O conselleiro de Medio Ambiente considera pioritario impulsar os investimentos en materia de solo industrial na comarca de Monterrei Acusa ao anterior Goberno de facer unha auténtica “fuxida cara adiante, adquirindo solo sen a máis mínima programación nin a priorización axeitada” Anuncia que se vai axilizar, de xeito coordinado co concello, a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín O titular de Medio Ambiente visitou a estación depuradora de augas residuais de Verín, unha infraestrutura hidráulica que o Goberno galego financia con case 1,2 millóns de euros
|
|
|