|
Lei de transparencia
Convenios e contratos
IGVS - PLISAN
Convenio entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo polo que se acorda a resolución e inificacia do convenio para resolver o réxime de condominio dos terreos expropiados no marco da actuación da PLISAN asinado o 11 de decembro de 2006 e avolta a un réxime de condominio para o desenvolvemento da PLISAN.
Data: 18/11/15
Importe:
0,00 Euros
Razóns que impiden a concorrencia:
.
|
|
|
Normativa e lexislación
-
[03-02-20]
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (códigos de procedemento VI482A e VI482B).
-
[11-09-19]
ORDE do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (códigos de procedemento VI432A e VI432B).
-
[13-08-19]
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade da Instrución interpretativa conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Cultura e Turismo para a aplicación das seccións 1ª, Normas de aplicación directa, e 2ª, Licenzas directas, do capítulo V do título I da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
-
[30-07-19]
RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).
Convenios na Páxina da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia pode asinar convenios de colaboración, coordinación, execución ou instrumentos
xurídicos asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas
respectivas competencias.
|