Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Transparencia » Contratación Pública » PLISAN

PLISAN

ADXUDICACIÓN DIRECTA DE PARCELAS DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA-AS NEVES (PLISAN)

RESOLUCIÓN POLA QUE SE ACORDA ABRIR O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DIRECTA E FIXAR AS SÚAS CONDICIÓN DE COMPRAVENDA E/OU CONSTITUCIÓN DO DEREITO DE SUPERFICIE EN PARCELAS RESULTANTES DO PROXECTO DE PARCELACIÓN DA ZONA DENOMINADA ÁREA LOXÍSTICA EMPRESARIAL DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA DE MIÑO-AS NEVES (EXPEDIENTE: PLISAN 2021/COMPRAVENDA(2)-LE).

  1. Número de parcelas incluídas na adxudicación direcdta: 38
  2. Superficie total de parcelas: 276.070,33 metros cadrados
  3. A superficie das parcelas oscila entre 2.104,26 e 21.111,72 metros cadrados:

Prezo:

  • 53,21 euros por metro cadrado nas parcelas de máis de 20.000 metros cadrados de superficie)
  • 71,71 euros por metro cadrado no resto de parcelas

Dereito de superficie:

Poderán adxudicarse parcelas en dereito de superficie: o canon que hai que satisfacer calcularase conforme as seguintes regras:

  • Nos dous primeiros anos, ao 1,5% do prezo da parcela
  • Nos dous seguintes anos, ao 2,5% do prezo de parcela actualizado
  • Para os seguintes anos, ao 3,5% do prezo de parcela actualizado

No segundo ano e seguintes o canon calcularase sobre o prezo da parcela actualizado conforme o Índice de Garantía de Competitividade.

A adxudicación en dereito de superficie realizarase por 30 anos, con posibilidade de prórrogas de 10 anos ata un máximo de 30 anos.

Durante a vixencia do seu dereito, o superficiario poderá adquirir a propiedade da parcela. Para estes efectos, o prezo de venda desta será o seguinte:

  • Nos cinco primeiros anos, o prezo de remate polo que se lle adxudicase o dereito de superficie.
  • Nos anos seguintes, o importe sobre o que se estea a calcular o canon no momento no que se comunique ás entidades promotoras a vontade de exercer o dereito de adquisición da parcela.

Se a adquisición se realizase durante os dez primeiros anos de vixencia do dereito de superficie, descontarase do prezo de venda o 40% das cantidades satisfeitas ata ese momento en concepto de canon.

Prazo de presentación:

 O prazo de presentación de solicitudes para o procedemento de adxudicación directa estará aberto dende a publicación da presente resolución na páxina web do IGVS ata ás 14:00 horas do día 30 de abril de 2022.

Forma de presentación das solicitudes e lugar

 Empregarase o modelo establecido no Anexo II da citada resolución.

Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Ditas solicitudes deberán ir dirixidas á Dirección Xeral do IGVS.

 Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Aqueles suxeitos non obrigadas á relacionarse electronicamente coas Administracións pública poderán presentar a solicitude en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, dirixida á Dirección Xeral do IGVS (sita na Area Central, s/n. -Polígono das Fontiñas-, C.P. 15781, Santiago de Compostela).

Garantía:

 Para participar neste procedemento requirirase constituír previamente unha garantía do 5% do prezo da parcela, excluído o IVE, con independencia da modalidade elixida.

Documentación complementaria:

  • Documentación acreditativa da súa personalidade xurídica e capacidade de obrar.
  • No seu caso, documentación acreditativa de quen asume a representación.
  • Declaración responsable (Anexo III).
  • Documento acreditativo de ter constituída a correspondente garantía.
  • Certificación da conta bancaria á nome da persoa solicitante.
  • Memoria sobre o proxecto empresarial que a persoa solicitante pretende implantar na/s parcela/s

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.