Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Para quen » Para quen vive no rural » Axudas para a rehabilitación no rural

Axuda

Convocatoria de subvencións aos concellos para resolver os problemas de infravivenda no rural

Tipo: Rehabilitación

Descrición:

Trátase dunha convocatoria de subvencións a fondo perdido orientada á solución do problema das infravivendas rurais habitadas por familias con baixos ingresos, co obxecto de que poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio. As citadas edificacións non reúnen os requisitos mínimos de habitabilidade referidos a aspectos de seguridade e estanquidade, condicións hixienico-sanitarias, espazo habitable suficiente, e servizos de auga e electricidade.As actuacións estarán orientadas: se as vivendas e os terreos son propiedade dos afectados á rehabilitación, reconstrución da infravivenda e nova construción de vivenda unifamiliar. Se aas edificacións ou terreos do concello: acondicionamento de edificacións para o seu uso por vivendas e/ou nova construción de vivendas para aloxamento de familias afectadas.As axudas constan do 80% do orzamentos das obras en concellos de menos de 50.000 habitantes, e do 65% no resto; nun máximo de 30.000 € por vivenda se se trata de rehabilitación de infravivenda e acondicionamento das edificacións; ou un máximo de 45.000 € se se trata de reconstrución, nova construción de vivenda unifamiliar e nova construción de vivendas para aloxamento das familias afectadas.


Requerimentos:

Poderán solicitar as axudas reguladas nesta orde os concellos de Galicia con infravivendas rurais no seu termo habitadas por familias con ingresos familiares ponderados que non superen o IPREM.


Inicio: 25/06/07