1. De acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 27 de maio de 2008, as
vivendas e locais deberán estar en posesión da resolución de conformidade coas actuacións propostas
para a obtención da cédula de rehabilitación de calidade.
2. As devanditas actuacións deberán estar rematadas neste exercicio
orzamentario, polo que o prazo de execución das obras que figure na citada resolución de
conformidade non poderá ser superior ao 31 de decembro de 2010. Enténdese que tamén cumpren este
requisito as vivendas que xa estean en posesión da cédula de rehabilitación de calidade.
3. Os requisitos citados nos números anteriores acreditaranse coa
presentación da resolución de conformidade ou da cédula de rehabilitación de calidade.
4. No caso de solicitude de subvencións para vivendas situadas en ámbito
rural, os ingresos familiares ponderados non poderán exceder 3,5 veces o indicador público de renda
de efectos múltiples, de acordo co establecido no artigo 5 do Decreto 157/2006, do 7 de
setembro.
Para os efectos anteriormente indicados, para a determinación dos ingresos familiares, de acordo
co artigo 5 da Orde do 27 de maio de 2008, computaranse os ingresos da base impoñible xeral e do
aforro, reguladas nos artigos 48 e 49 respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do
imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente á declaración ou declaracións presentadas
por cada un dos membros da unidade familiar relativa ao período impositivo inmediatamente anterior,
con prazo de presentación vencido, á solicitude da subvención.