Axudas para a COMPRA dunha vivenda de protección autonómica (VPA) de RÉXIME ESPECIAL.
Tipo: Compra
Descrición:
Trátase de vivendas de nova construcción cunha superficie útil máxima de 90 m2 (108 no caso para
persoas con discapacidade e 120 m2 no caso de familias numerosas). Están suxeitas a un prezo máximo
de compra.
Requerimentos:
Os beneficiarios poden ser compradores de maneira individual ou formando parte dunha cooperativa ou
comunidade de propietarios. Poden ser unidades familiares, parellas de feito recoñecidas legalmente
ou persoas non integradas nunha unidade familiar. Os seus ingresos familiares ponderados non poden
superar en 2,5 veces o IPREM e, en calqueira caso non pode ser tampouco inferior a 0,7 veces. A
vivenda deberá adicarse a aloxamento habitual e permanente do seu propietario. O solicitante non
poderá ser titular ou ter dereito real de uso dunha vivenda suxeita a réxime de protección pública.
Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre da cal o valor supere nunha determinada porcentaxe
o prezo máximo de compra de vivenda que se pretende adquirir.
Inicio: 09/01/06
Fin: 31/12/08