Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Para quen » Para a mocidade » Axudas para o acceso á vivenda

Axuda

Axudas de SUBSIDIACIÓN DE PRÉSTAMO para adquisición, en primeiro acceso e en propiedade, dunha vivenda de protección autonómica (VPA) de RÉXIME ESPECIAL.

Tipo: Compra

Descrición:

Trátase de vivendas de nova construcción cunha superficie útil máxima de 90 m2 (108 no caso para persoas con discapacidade e 120 m2 no caso de familias numerosas). Están suxeitas a un prezo máximo de compra.


Requerimentos:

Os beneficiarios poden ser compradores de maneira individual ou formando parte dunha cooperativa ou comunidade de propietarios. Poden ser unidades familiares, parellas de feito recoñecidas legalmente ou persoas non integradas nunha unidade familiar. Os seus ingresos familiares ponderados non poden superar en 2,5 veces o IPREM e, en calqueira caso non pode ser tampouco inferior a 0,7 veces. A vivenda deberá adicarse a aloxamento habitual e permanente do seu propietario. O solicitante non poderá ser titular ou ter dereito real de uso dunha vivenda suxeita a réxime de protección pública. Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre da cal o valor supere nunha determinada porcentaxe o prezo máximo de compra de vivenda que se pretende adquirir.


Inicio: 09/01/06

Fin: 31/12/08