|
GLOSARIO DE TERMOS
Do I ao P
-
Interese de demora.
Porcentaxe adicional que se cobra sobre as cotas impagadas dun préstamo e proporcionalmente
aos días de retraso no pago. É importante comprobar cal é o interese de demora no caso de que teñas
retraso no pago das cotas xa que é un elemento importante nas condicións do préstamo que debes
revisar con atención.
-
Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).
Taxa municipal que grava anualmente a propiedade dunha finca. Cóbrase anualmente e en
función do valor catastral asignado á vivenda ou inmoble. Xeralmente o tipo de gravame aplicado
depende do número de habitantes que teña o municipio no que se atope a vivenda ou inmoble. É o que
se coñece a cotío coma "
contribución".
-
Imposto sobre transmisións patrimoniais.
Imposto que grava, entre outros, a compravenda de vivenda de segunda man ou sucesivas. O
tipo actual é do 6% na maioría do Estado, aínda que hai excepcións xa que determinadas Comunidades
autonómas establecen tipos e condicións especiais.
-
Gastos de hipoteca.
Unha vez mercada e escriturada a vivenda quedan os gastos de constitución da propia
hipoteca. Son os seguintes: gastos de notaría, ocasionados pola escrituración da hipoteca; Rexistro
da Propiedade, gastos ocasionados de inscribir a hipoteca no Rexistro; xestoría, gastos ocasionados
polas tramitación no Rexistro e en Facenda; e Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados, que
é o 0,5% da responsabilidade hipotecaria.
-
Licenza de primeira ocupación.
Ten por obxecto autorizar a posta en uso dos edificios ou instalacións, previa a
comprobación de que foron executados de conformidade ás condicións das licenzas autorizadas das
obras ou usos e en que se atopan debidamente rematados e aptos segundo as condicións urbanísticas
do seu destino específico. Esixirase para a primeira ocupación dos edificios de nova construción ou
que foran obxecto de ampliación ou modificacións substanciais. A licenza de ocupación solicitarase
ao Concello polos promotores ou propietarios.
-
-
Libro do edificio.
É o conxunto de documentación que deberá ser entregado aos usuarios finais do edificio e que
deberá recoller o proxecto, o acta de recepción final das obras, a relación definitiva dos axentes
que interviron durante o proceso de edificación así coma as instrucións de uso e mantemento do
edificio e as súas instalacións, de conformidade coa normativa que sexa de aplicación.
-
Préstamo convido.
Trátase dun tipo de préstamo ao que poden acceder os beneficiarios de distintas actuacións
protexidas para a compra ou rehabilitación de vivenda. Conta cunha serie de características dacordo
coas condicións fixadas polo Ministerio de Vivenda e entre este e as entidades financieiras.
-
Prezo básico.
É unha contía expresada en euros por metro cadrado de superficie útil que serve coma base
para o cáculo dos prezos de venda, adxudicación e renda nas actuacións protexidas en materia de
vivenda. Será actualizado anualmente por acordo do Consello de Ministros e publicado no BOE.
-
-
Prezo máximo.
É unha contía expresada en euros por metro cadrado fixada en función do prezo básico, do
municipio no que se atope a vivenda e do tipo de vivenda protexida de que se trate.
-
Promotor.
Será considerado promotor calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada, que,
individual ou colectivamente, decide, impulsa, programa e financia, con recursos propios ou alleos,
as obras de edificación para si ou para a súa posterior alienación, entrega ou cesión a terceiros
baixo calquera título.
-
-
Propietarios e usuarios.
Os propietarios teñen a obriga de conservar en bo estado a edificación mediante un uso
axeitado e mantemento, así coma recibir, conservar e transmitir a documentación da obra executada e
os seguros e garantías con que esta conte. Os usuarios, sexan ou non propietarios teñen a
obriga de empregar axeitadamente os edificios ou parte dos mesmos en conformidade coas
instrucións, de uso e mantemento, contidas na documentación da obra executada.
-
Proxectista
.
É o axente que, por encargo do promotor e con suxeición á normativa técnica e urbanística
correspondente, redacta o proxecto.
|
|
|
|