A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais
da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin,
codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores
adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a
ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta
recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio
electrónico, dispón que
as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información
dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade
avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos,
antes do 31 de decembro de 2005.