Propiedade intelectual
- A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel
xunta.es
- Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son
titularidade da Administración autonómica de Galicia.
- Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás
iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Cláusula de exención de responsabilidade
- O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non
substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados
formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para
que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia
de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos
publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e
validez oficial.
- A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso
ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas
aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no
estrito exercicio das súas competencias.
- A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada
da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
- A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen
necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa
configuración ou presentación.
Reprodución
- A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se
solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.
Caixas de correo
- A Xunta de Galicia non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos
distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio
departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten
carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico
vinculante.
Servizo
- Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros
de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou
deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
Recomendacións de acceso
- A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais
da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin,
codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados
a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
- Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e
derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.
Termos de uso
- Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM)
dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
- Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa
propia finalidade.
- O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue
os servizos e/ou a información ofrecida.
Protección de datos
-
As
persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos
datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os
dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos
segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte
ligazón:
Información sobre
protección de datos persoais.