A
Xestur
é unha sociedade anónima de ámbito provincial na que o IGVS participa cunha
maioría do capital, mentres que o capital restante pertenece ás Deputacións
Provinciais.
Os principais obxectivos das
Xestur
son:
- Elaboración de estudios urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos
de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.
- Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación de
solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestructura urbana ou a
dotación de servicios para a execución dos plans de ordenación.
- Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización, no caso de obter a
concesión ou rematar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.
- Construcción, arrendamento e alleamento de naves e locais industriais e comerciais.
- Promoción e preparación de solo empresarial e a súa xestión e venda.