Novas relacionadas
TRANSPARENCIA NA XESTIÓNA transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos. NORMATIVA VIVENDA
20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”. Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda. O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos. |