Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Benvida

Saúdo

Ethel Mª Vázquez Mourelle, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Como conselleira de Infraestruturas e Vivenda, doulle a benvida a esta web do portal corporativo da Xunta de Galicia, un espazo útil, onde poderá atopar información de interese sobre as competencias deste departamento.

O medio ambiente, a ordenación do territorio, o urbanismo, a vivenda e o solo, as infraestruturas, a mobilidade, a calidade ambiental e a conservación da natureza son as principais áreas de actuación desta Consellería. Sen dúbida, todas elas moi apegadas ás necesidades das persoas, coas que temos asumido o compromiso de mellorar a súa calidade de vida, a de todos os galegos e galegas.

Galicia experimentou nos últimos anos un desenvolvemento incuestionable das súas infraestruturas, tanto no que se refire a novas vías de alta capacidade, como a dotacións de abastecemento e saneamento, que xa están a mellorar o estado ecolóxico das nosas rías, das vilas e cidades.

Estamos ordenando Galicia, organizando as zonas urbanas e rurais, dotando ás empresas dos espazos axeitados para crear riqueza e emprego, traballando por mellorar a mobilidade dos cidadáns, o acceso á vivenda, e como non, cun marcado compromiso co medio ambiente e cos nosos espazos naturais protexidos, co obxectivo de que os nosos fillos reciban de nós unha Galicia máis vertebrada, que saiba compatibilizar a posta en valor dos nosos recursos coa conservación do medio ambiente.

A loita fronte ao cambio climático e a conservación do noso patrimonio ambiental requiren da corresponsabilidade e compromiso de todos, sendo como goberno autonómico a nosa misión dotar dos medios e estratexias necesarias.

A Galicia do século XXI debe asumir o reto de que toda acción humana repercute no medio ambiente, e mesmo o desenvolvemento de infraestruturas e servizos que melloran a calidade de vida dos cidadáns teñen unha pegada ambiental, unha pegada sobre a nosa paisaxe, sobre o noso territorio, e temos que ser capaces de conxugar estas realidades.

Estamos a construír unha Galicia máis moderna, cohesionada e sostible, onde se protexan as cores azul e verde, -o mar e a terra-, sinais de identidade que nos caracterizan.

Esta Consellería está a pór en marcha distintas estratexias para acadar estes obxectivos, e todas elas poden coñecerse en profundidade a través da nosa web, aberta ás súas suxestións.

Axúdenos a conseguilo.

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.