A Xunta de Galicia dispón de dous organismos que promoven solo de
uso industrial e comercial destinado ao asentamento de empresas de todo tipo.
Tanto o Instituto Galego da Vivenda e Solo como a empresa pública
Xestur (participada maioritariamente polo IGVS) dispoñen de solo empresarial, urbanizado cos
criterios máis actuais, nas catro provincias galegas.
Ambos organismos ofrecen solo empresarial e compravenda, con
bonificacións no prezo de venda do 50 ou 30 por cento, segundo os parques empresariais nos que se
asente.
Tamén ofrecen a posibilidade de adxudicación en dereito de
superficie por un prazo de 30 anos ampliable por outros 30 e coa posibilidade de acceder á
propiedade nos primeiros 10 anos.
O canon a pagar polo solo adxudicado en dereito de superficie é
menor nos primeiros anos, incluído a posibilidade de solicitar o primeiro ano de carencia, o que
permite ás empresas centrar os esforzos iniciais na implantación do seu proxecto produtivo. O canon
vai dende 38 céntimos por metro cadrado e ano nos dous primeiros anos da adxudicación.