Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Axudas para o pago do alugueiro

ALERTAS-COVID 19

Axudas para o pago do alugueiro

BENEFICIARIOS

Os arrendatarios titulares dun contrato de alugueiro de vivenda habitual.

REQUISITOS DO INQUILINO

Que o titular do contrato se atope en situación de vulnerabilidade económica.

Inclúense os seguintes supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo Covid-19:

  • Traballador en situación de desemprego
  • Traballador sometido a Expediente de Regulación de Emprego. (ERTE)
  • Empresario ou profesional sometido a redución de xornada por motivo de coidados ou circunstancias similares que supoñan una perda substancial de ingresos.

Ingresos da unidade familiar

Compútanse os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar, correspondentes ao mes anterior á solicitude.

O límite máximo de ingresos é o seguinte, segundo as condicións dos membros da unidade familiar:

INGRESOS MÁXIMOS 1
CONDICIÓNS

3 IPREM

1.613,52 €

Aplicables con carácter xeral

4 IPREM

2.151,36 €

Aplicable cando 1 membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:

· Teña declarada discapacidade superior ao 33 por cento

· Estea en situación de dependencia

· Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral

5 IPREM

2.689,20 €

Aplicable cando o arrendatario cumpra unha destas condicións:

· Parálise cerebral

· Enfermidade mental

· Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.

· Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65 %

· Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral


1 O Real Decreto establece que o límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o Iprem por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o Iprem por fillo no caso de familias monoparentais.

Composición da unidade familiar. Considerase unidade familiar a composta por:

  • o arrendatario
  • o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita
  • os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.

Pago mensual de alugueiro e subministros.

O custe mensual do alugueiro da vivenda sumado ao dos subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.

Non dispoñer doutra vivenda

Non poderán acollerse á moratoria cando a persoa arrendataria ou algún membro da unidade familiar sexa propietaria ou usufrutuaria de algunha vivenda en España, excepto si acreditan a non dispoñibilidade da mesma por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade do seu titular ou de algunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

1. Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón:

https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) No caso de cese de actividade dos traballadores por conta propia, mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou órgano competente da Comunidade Autónoma, sobre a base da declaración de cese de actividade declarada pola persoa interesada.

c) No caso de que a persoa solicitante estea afectada por un ERTE, certificado da empresa no que acredite que a persoa solicitante está incluída no ERTE, conforme ao previsto no ordinal terceiro.

d) Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.

e) Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.

f) De ser o caso, declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente da persoa solicitante e das persoas membros da unidade familiar, para realizar unha actividade laboral,no caso de non ser expedida pola Xunta de Galicia.

g) Nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos persoas membros da unidade familiar, maiores de idade.

h) De ser o caso, documento acreditativo de non ter a disponibilidade da vivenda da súa propiedade ou de que esta resulta inaccesible.

i) Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.

j) Extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres mensualidades da renda do contrato anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, salvo que o contrato levara vixente un prazo menor, en cuxo caso acreditarase o pagamento dende o inicio do contrato.

k) No caso de non constar nos dous documentos anteriores o número de conta da persoa arrendadora na que se deba aboar a renda do contrato, documentación acreditativa do número de conta bancaria da persoa arrendadora.

l) De ser o caso, solicitude da axuda transitoria de financiamento de acordo ao establecido no artigo 9 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, ou certificado bancario do préstamo formalizado conforme ao artigo 9 do Real decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, no que conste o numero de conta do acredor onde no que se ten que realizar o pagamento da axuda para a cancelación total ou parcial do préstamo.

m) Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de familiar da persoa solicitante e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento, no caso de que a unidade familiar estea integrada por máis dunha persoa.

n) Documentación acreditativa dos ingresos da persoa solicitante e da súa unidade familiar correspondentes ao mes anterior ao da presentación da solicitude:

Nóminas ou outros xustificantes dos rendementos do traballo.

  • Certificados ou xustificantes do importe mensual de prestacións, subsidios ou pensións das administracións públicas
  • Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
  • No caso de empresarios, xustificación da redución dos ingresos, derivados da redución de xornada por coidados ou outras circunstancias similares.

ñ) Documentación acreditativa dos gastos e subministracións básicos da vivenda habitual que corresponda satisfacer á persoa arrendataria, referidos no ordinal terceiro e relativos ao mes anterior ao da presentación da solicitude.

2. Se a persoa solicitante da axuda non puidese aportar algún dos documentos requiridos nas letra a) a h) do punto anterior, poderá substituílo por unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise do COVID-19, que lle impiden a súa achega. Trala perda de vixencia do estado de alarma e das súas prórrogas disporá dun prazo dun mes, a contar desde seguinte ao da finalización da vixencia do estado de alarma, para a achega dos documentos antes sinalados, que non tivera facilitado. No caso de non achegar a citada documentación no prazo sinalado declarase a perda do dereito á subvención iniciándose, no seu caso, o correspondente procedemento de reintegro.

MOI IMPORTANTE


3. As solicitudes que non momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados nas letras i), j), k), l), m), n) e ñ) do punto 1 deste ordinal, serán automaticamente inadmitidas.


4. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste neste procedemento a súa oposición expresa.

AXUDAS

Importe

Ata 500 euros ao mes. O importe da axuda non poderá superar o custe mensual do alugueiro.

No suposta de ter accedido aos préstamos para o pago do alugueiro a axuda poderá chegar ata un importe de 3.000 euros

Prazo

A axuda concederase polo prazo no que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, podendo ter efectos retroactivos dende abril.

Destino

A axuda destinarase exclusivamente ao pago do alugueiro.

No suposta de ter accedido aos préstamos para o pago do alugueiro a axuda destinarase a amortizar dito préstamo.

Solicitude


Presentarase no modelo oficial, preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Deberá dirixirse á Dirección Técnica de Fomento do IGVS.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020

Contacto:
- Correo electrónico: alugueiros-covid19.igvs@xunta.gal
- Teléfonos: 012 / 881 999 456 / 881 999 023 / 881 999 197

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.