Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Inspeccións de vivendas » Inspección de vivendas

Presentación: Inspeccións en VPP e VPA

A Inspección é a actividade que os órganos administrativos en materia de vivenda deben realizar coa finalidade de comprobar que as actuacións dos particulares axústanse á legalidade.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo manifesta o seu firme propósito de erradicar completamente o fraude na vivenda protexida.

A Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia regula na Comunidade Autónoma de Galicia a protección dos dereitos dos adquirentes ou usuarios en materia de vivenda protexida.

Nela configurase a inspección como a actividade que os órganos administrativos competentes en materia de vivenda teñen que realizar coa finalidade de comprobar que as actuacións dos particulares se axustan á legalidade, previo ao exercicio da súa potestade sancionadora.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo manifesta o seu firme propósito de erradicar completamente o fraude na vivenda protexida. É un importante avance neste ámbito, o aumento dos esforzos para concienciar á cidadanía da importancia da función social do parque de vivenda protexida e para detectar e sancionar o fraude, esforzos que teñen por obxecto a medio prazo a completa erradicación desta lacra.

A inspección para verificar o cumprimento da normativa no uso e transmisión das vivendas con protección pública ou libres de promoción privada; ou as relativas a non pagamentos de morosos e propoñer o que proceda en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas; en virtude do Decreto 506/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, quedaron atribuídas á dirección técnica de xestión patrimonial, a través do seu servizo de inspección.

A actuación dos inspectores segundo a Lei 30/92 de 26 de novembro de Réximen Xurídico das Administracións Públicas, pode iniciarse:

  • De oficio

    • iniciativa propia

    • órgano competente

    • orden superior

    • petición razoada doutros órganos

  • A solicitude de persoa interesada: Se vostede sabe dalgunha situación que pensa podería constituír unha infracción en materia de vivenda e debería sancionarse e desexa denuncialo, pode facelo utilizando o modelo que se xunta.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

BIBLIOTECA DE LEXISLACIÓN

A biblioteca virtual de lexislación e normativas do Instituto Galego de Vivenda e Solo contén a maioría da normativa relacionada coa vivenda e o solo empresarial. Poderás consultala filtrándoa polo tema que che interese, segundo o tipo de normativa que busques, polo estado no que se atopa ou polo tipo de disposición de que se trate.

OBTER MÁIS INFORMACIÓN...