AXUDAS A PARTICULARES E COMUNIDADES DE PROPIETARIOS
Consiste nunha liña de préstamos destinada a financiar a execución de obras de
rehabilitación e, de ser o caso, nunha subvención dos xuros deses préstamos durante un período
máximo de 48 meses e cun importe que variará en función dos ingresos da unidade de convivencia da
persoa solicitante.
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de
rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do
inmoble, as persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas actuacións promovidas
pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación, e as comunidades de
propietarios/as, que poderán beneficiarse dos préstamos cualificados para a rehabilitación de
edificios pero non das axudas de subsidiación dos xuros dos citados préstamos.
Os préstamos deberán formalizarse con calquera das entidades financeiras
participantes neste programa (Abanca, Caixabank, Caixa Rural, Banco de Sabadell e Deutsche
Bank).
Esta liña consiste en axudas destinadas ao fomento da eficiencia enerxética e da
sustentabilidade (con especial atención á envolvente edificatoria) en vivendas unifamiliares, en
edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios. Deben
reunir os seguintes requisitos:
-
Os edificios ou vivendas deben estar finalizados antes do 01/01/1996
-
Esixe unha redución da demanda enerxética anual global do 25% na zona C e 35%
zona D e E.
-
No caso de vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de
tipoloxía residencial colectiva, estas deben constituír o domicilio habitual e permanente á data da
solicitude, da persoa propietaria, ou, de ser o caso, da persoa inquilina ou moradora. Se
acreditará co correspondente certificado de empadroamento.
-
No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva:
-
Polo menos o 70% de superficie sobre rasante debe ter uso residencial
(excluída planta baixa e inferiores).
-
Polo menos o 50% das vivendas do edificio deben constituír o domicilio
habitual á data da solicitude, das persoas propietarias, inquilinas ou moradoras.
-
Requírese o acordo da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas
propietarias ou de agrupación de persoas propietarias de executar as obras, salvo que a titular do
edificio sexa unha soa persoa.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:
-
40% da inversión en cada vivenda
-
75% da inversión en cada vivenda sempre que resulten acreditados uns ingresos
na unidade de convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na
vivenda e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
A contía das axudas terá os seguintes límites máximos por vivenda:
-
LIÑA A
|
VIVENDA UNIFAMILIAR
|
|
EDIFICIO/VIVENDA DENTRO DE EDIFICIO
|
-
Xeral: 8.000 € por vivenda + 80€/m2 local comercial
-
Persoa con discapacidade: 12.000 €
-
Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a
65%: 16.000 euros
|
Estas contías increméntanse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o
edificio é BIC.
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos
de 5000 habitantes, incrementaranse un 25% máis nas axudas unitarias.
Esta liña A) é compatible coa liña B) e poderán beneficiarse dela as persoas
propietarias das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de persoas propietarias, as
agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Tamén
poderá beneficiarse a persoa inquilina da vivenda que asuma, en virtude dun acordo coa persoa
arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda. As vivendas
deberán constituír a residencia habitual e permanente das persoas propietarias, inquilinas ou
moradoras no momento de solicitar a axuda
Esta liña consiste en axudas destinadas ao fomento da conservación, da mellora
da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas unifamiliares, en edificios de
tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios, que deben reunir iguais
requisitos que os sinalados para a liña A) salvo a redución da demanda enerxética.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda, aplicable
é:
-
40% da inversión en cada vivenda
-
75% da inversión en cada vivenda, sempre que resulten acreditados ingresos na
unidade de convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na
vivenda e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
-
75% da inversión en cada vivenda, se na vivenda reside unha persoa con
discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.
A contía das axudas terá os seguintes límites máximos por vivenda:
-
LIÑA B
|
CONSERVACIÓN
|
3.000 € por vivenda + 30 € m2/local comercial
|
SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS
CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN)
|
-
Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80
€ m
2/local
-
Persoa con discapacidade: 14.000
euros
-
Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a
65%: 17.000 €
|
Estas contías increméntanse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o
edificio é BIC.
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos
de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias
Esta liña B é compatible coa liña A) e poderán beneficiarse delas as persoas
propietarias das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de persoas propietarias, as
agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Tamén
poderá beneficiarse a persoa inquilina da vivenda que asuma, en virtude dun acordo coa persoa
arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda. As vivendas
deberán constituír a residencia habitual e permanente das persoas propietarias, inquilinas ou
moradoras no momento de solicitar a axuda.
Axudas a persoas propietarias para rehabilitación ou renovación de vivendas e
edificios e a concellos para urbanización de espazos urbanos e para equipos técnicos, todos eles
situados dentro dunha área de rehabilitación integral.
A contía máxima unitaria por vivenda desta axuda estatal pode alcanzar:
-
En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en
sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva
incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
-
En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En
edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local
comercial.
Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se
o edificio ou vivenda é Ben de interese cultural (BIC).
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos
de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
-
En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución
doutra previamente demolida en casos de infravivenda e chabolismo.
-
En actuacións de urbanización: 2.000 € por vivenda
-
Para equipos técnicos: 1.000 € por vivenda
-
En actuacións de realoxo temporal: 4.000 € anuais por unidade de convivencia
durante o tempo que duren as obras e máximo 3 anos.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:
-
40% da inversión en cada vivenda salvo realoxo e para financiamento de equipos
técnicos
-
75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación:
sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou
arrendataria, promotora e residente e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
-
75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación:
se na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha
persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da
accesibilidade.
As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores son de ata 4.000 euros
por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 10% do
orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio e 1.500 € para equipos técnicos por cada
vivenda rehabilitada ou renovada.
Poderán solicitalas tanto particulares como comunidades de persoas
propietarias.
Axudas destinadas a financiar a rehabilitación ou renovación en edificios de
tipoloxía residencial colectiva, en vivendas unifamilares e vivendas situadas no interior de
edificios, nos ámbitos das Áreas de Rehabilitación dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das
Illas Atlánticas.
A contía máxima unitaria desta axuda estatal pode alcanzar:
-
En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en
sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva
incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
-
En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En
edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 80 €/m2 de local
comercial.
Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se
o edificio ou vivenda é BIC.
-
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de
menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
-
En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución
doutra previamente demolida.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:
-
40% da inversión en cada vivenda.
-
75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación
sempre que se trate dunha vivenda unifamiliar ou de actuacións de rehabilitación no interior de
vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: só cando resulten acreditados
ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e
estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
-
75% da inversión en cada vivenda: se na unidade de convivencia da persoa
propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65
anos e se realicen obras para a mellora da accesibilidade.
As axudas por actuacións de rehabilitación non serán acumulables coas axudas por
actuacións de renovación.
As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores, son as seguintes:
-
Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación ou
renovación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da
vivenda ou do edificio.
-
Incrementarase en 1.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de
rehabilitación ou renovación, sempre que se adapten á “Guía de cores e materiais” aprobada pola
Xunta de Galicia.
Para poder solicitar as axudas correspondentes a estas dúas ARIs é requisito
imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS.
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas propietarias de edificios ou
vivendas, as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas
propietarias e as agrupacións de persoas propietarias. Na ARI do Parque Nacional das Illas
Atlánticas, poderán solicitalas ademais, as persoas físicas con algún dereito real e as persoas
titulares dunha concesión sobre o edificio ou vivenda situada neste ámbito.
Axudas dirixidas a persoas propietarias de vivendas para actuacións de
rehabilitación ou renovación así como aos concellos para actuacións de urbanización e
reurbanizacións no ámbito desta ARI, que comprende 25 concellos (13 na provincia de Lugo e 12 na
provincia de Ourense).
A ARI supramunicipal da Ribeira Sacra foi declarada mediante Resolución do
21.02.2020 da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Mentres non se proceda á
publicación da correspondente convocatoria para poder solicitar este tipo de axudas, poderase
solicitar, se é o caso, as axudas correspondentes aos programas de fomento da eficiencia enerxética
e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora de seguridade de utilización e da
accesibilidade, así como as correspondentes ao programa de fomento da rexeneración e renovación
urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e deste programa correspondente á área de
rehabilitación integral do Camiño de Santiago, de ser o caso.
A contía máxima unitaria desta axuda estatal pode alcanzar:
-
En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en
sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva
incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
-
En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En
edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 80 €/m2 de local
comercial.
Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se
o edificio ou vivenda é BIC.
-
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de
menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
-
En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución
doutra previamente demolida.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:
-
40% da inversión en cada vivenda.
-
75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación
sempre que se trate dunha vivenda unifamiliar ou de actuacións de rehabilitación no interior de
vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva: só cando resulten acreditados
ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e
estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
-
75% da inversión en cada vivenda: se na unidade de convivencia da persoa
propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65
anos e se realicen obras para a mellora da accesibilidade.
As axudas por actuacións de rehabilitación non serán acumulables coas axudas por
actuacións de renovación.
As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores, son as seguintes:
-
Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación ou
renovación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da
vivenda ou do edificio.
-
Ata 1.500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra
demolida, para financiar o custo dos equipos e das oficinas de planeamento, de información, de
xestión e de acompañamento social.
-
Incrementarase en 1.000 € por vivenda se se adapta á guía de cores elaborada
pola Xunta de Galicia.
Axudas dirixidas aos propietarios que realicen
melloras en inmobles para incorporalas ao Programa social de Vivendas Baleiras. As actuacións
subvencionaranse polo gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida superar a cantidade de
8.000 euros en ningún caso.
Axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para
rehabilitación e mellora dos elementos comúns dos edificios cun alcance máximo do 60% do
investimento da obra.
AXUDAS A CONCELLOS
Os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán acceder a préstamos sen xuros
destinados a adquisición e/ou rehabilitación, incluindo obras sobre edificios en mal estado nos que
os seus propietarios non atenden as correspondentes ordes municipais. O fondo está dotado con 10
millóns de euros.
Axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes dirixidas á recuperación de
vivendas de mestres, outros oficios e outros inmobles de titularidade municipal para o seu destino
a alugueiro social. A contía máxima da axuda será do 90% do orzamento das obras, cun máximo de
40.000€ por vivenda rehabilitada e 48.000€ se está situada no ámbito do Camiño de Santiago.
Axudas, a concellos de menos de 10.000 habitantes, dirixidas á rehabilitación de
vivendas sen condicións mínimas de habitabilidade, propiedade de particulares ou do propio
municipio. A contía máxima desta axuda é o 95% do investimento, cun límite máximo de 15.000 €.
Na área de rehabilitación o concello pode recibir 4.000 € por cada vivenda
rehabilitada e 1.500 € para equipos técnicos por cada vivenda rehabilitada ou construída en
substitución doutra demolida.
As áreas Rexurbe son áreas de intervención no medio urbano que, polas súas
especiais características precisan dunha maior implicación da administración autonómica e local
para dinamizar e revitalizar o seu ámbito.
Estas áreas declaradas pola Xunta de Galicia, por solicitude dos concellos
interesados, comprenden aqueles ámbitos con consideración de conxuntos históricos e con declaración
de ben de interese cultural que se atopen nun proceso de degradación arquitectónica, urbanística ou
ambiental, cunha situación demográfica delicada e con graves problemas económicos e sociais.
Mediante Resolución do 17 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral do IGVS fíxose
público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de febreiro de 2020, polo que se declara
área de rexeneración urbana de interese autoómico o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona
contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque parte alta da estrada dos
Remedios).