Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Compra » Presentación

Compra de vivenda

 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), como órgano da administración galega encargado da execución das políticas de vivenda na nosa comunidade, favorecendo o acceso dos cidadáns a unha vivenda digna e adecuada, realiza unha serie de actuacións tendentes a posibilitar o exercicio deste dereito constitucional, mediante a regulación dos requisitos de acceso ás vivendas protexidas, a xestión do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, a cualificación das vivendas protexidas e doutras actuacións protexidas en materia de vivenda.

 

Poderán adquirir vivendas protexidas aquelas persoas inscritas no Rexistro Único de demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia a través do procedemento e cos requisitos establecidos para cada tipoloxía de vivenda.

Documentos relacionados

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.