Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Fondos Europeos » Presentación

FONDOS EUROPEOS

Fondos europeos

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Unha maneira de facer Europa

Entre os Fondos Comunitarios do presuposto da UE revisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos e tamén o Fondo de Cohesión.

Estes fondos atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actualmente cofinancia con axuda destes fondos diferentes proxectos cuxos eixes principais se centran na eficiencia enerxética e a redución de emisións de carbono, relacionados cos eixes principais, das Directivas Europeas a través dos distintos programas operativos.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.