Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA DE GALICIA ABRE A CONVOCATORIA DO PROGRAMA ALUGA NO 2011 QUE CONTEMPLA AXUDAS AO ALUGUEIRO, POR IMPORTE DE MÁIS DE 10,8 MILLÓNS DE EUROS

-         O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se regula a convocatoria de axudas de 2011
-         Preto de 10 millóns de euros destinaranse a axudas aos inquilinos e algo menos dun millón a subvencións para reforma de vivendas alugadas e gastos de alugueiro
-         O límite de ingresos para acceder a estas axudas é de 3,5 veces o Iprem
 
Santiago, 30 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), concederá no ano 2011 axudas ao alugueiro por un importe máis de 10,8 millóns, sendo máis de 9 millóns os destinados a inquilinos con vivendas arrendadas ao abeiro do programa Aluga. Ademais, establecese que se destinarán 600.000 euros a subvencionar actuacións e obras de reforma nas vivendas e 300.000 euros á subvención dos gastos derivados do alugueiro, polo que o importe total das axudas ascenderá á cantidade de 10.802.000 euros, tal e como establece a Resolución pola que se procede á convocatoria de ditas axudas, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).
 
Dado que as axudas se conceden por períodos de doce meses, os importes das que se concedan en 2011 pagaranse en parte ao longo do próximo ano e en parte en 2012, de maneira que a Resolución establece que o importe de ditas axudas en 2011 será de 5.132.000 euros e en 2012 de 4.770.000 euros.
 
Asemade, establecese que se destinarán 600.000 euros a subvencionar actuacións e obras de reforma nas vivendas e 300.000 euros á subvención dos gastos derivados do alugueiro, polo que o importe total das axudas ascenderá á cantidade de 10.802.000 euros.
 
Das axudas aos inquilinos poderán beneficiarse as persoas que asinaran un contrato de alugueiro no marco do programa Aluga e que soliciten as axudas nos primeiros dez días do mes de efecto do contrato asinado ou quenes soliciten e obteñan prórroga dun contrato anterior.
 
Para acceder ao programa Aluga é preciso acreditar ingresos anuais ponderados que non excedan 3,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) e non ser titular doutra vivenda.
 
A subvención percibida polos inquilinos pode oscilar entre o 30 e o 70 por cento do custe mensual do alugueiro, en función dos ingresos ponderados. No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a axuda pode ser de ata o 80 por cento do alugueiro.
 
 
 
 
Ingresos
 
Porcentaxe de subvención do alugueiro
 
Con carácter xeral
Mulleres vítimas de violencia de xénero
Inferior a 1 vez o Iprem
70%
80%
Entre 1 e 2 veces o Iprem
60%
70%
Entre 2 e 2,5 veces o Iprem
50%
60%
Entre 2,5 e 3,5 veces o Iprem
30%
40%
 
Reforma de vivendas
As axudas para obras de reforma de vivendas poderán solicitalas os titulares de vivendas arrendadas no marco do programa Aluga e destinaranse a subvencionar obras que se consideren necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda no informe técnico de inspeccións. Non serán subvencionables pequenas reparacións ou reformas cun orzamento total inferior a 300 euros.
 
A contía da subvención poderá acadar o 75 por cento do custe xustificado das obras realizadas, cun importe máximo de 3.000 euros para vivendas con menos de dez anos de antigüidade e 5.000 euros para as que teñan dez ou máis anos.
 
Gastos de alugueiro
As axudas para gastos de alugueiro están destinadas a subvencionar os gastos ocasionados aos propietarios das vivendas pola posta en alugueiro das mesmas, e poderán acadar una contía equivalente ao 50 por cento do recibo do imposto de bens inmobles (IBI) da última anualidade vencida, co límite de 100 euros por vivenda e anualidade.