Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS COMEZA O PAGO E OCUPACIÓN DE FINCAS PARA O PARQUE EMPRESARIAL DE A SIONLLA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Prevese un investimento de 29,7 millóns de euros na adquisición de solo e 24,6 millóns nas obras de urbanización  O parque empresarial, cunha extensión de 1,5 millóns m2, ofrecera 138 parcelas

Santiago, 27 de maio de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, comezou o levantamento de actas de pago e ocupación dos terreos sobre o que se asentará o parque empresarial de A Sionlla, en Santiago de Compostela. A previsión deste organismo é rematar con estes traballos o próximo 5 de xuño. O importe total das expropiacións de solo e bens previsto no expediente acada os 29,7 millóns de euros, aos que hai que sumar outros 24,6 millóns de euros das obras de urbanización, que foron adxudicadas polo anterior Goberno da Xunta á empresa San José. O parque empresarial de A Sionlla emprázase na estrada de Santiago á Coruña, na zona onde xa está situada a empresa Finsa. Ocupará un total de 1.453.000 m2, dos que 1.383.000 m2 corresponderán ao propio parque empresarial e o restante (70.000 metros cadrados) destinaranse ás conexións exteriores do mesmo. Haberá un total de 138 parcelas, que ocuparán unha superficie total de 778.000 m2. Os equipamentos ocuparán 51.000 m2, a terminal de transportes e ferrocarril 72.700 m2, as zonas verdes 215.000 m2, os servizos técnicos 21.000 m2 e os viarios e aparcamentos 242.000 m2.

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS