Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

Agustín Hernández ofrece lealtade institucional a Fomento pero esixe un compromiso real co AVE baseado nun calendario de prazos de execución

Participou esta tarde no Foro Institucional do AVE Galicia/Castela e León

Agustín Hernández ofrece lealtade institucional a Fomento pero esixe un compromiso real co AVE baseado nun calendario de prazos de execución

 

·        O goberno galego non vai renunciar á dispoñer do AVE nun prazo razoable de tempo”, afirmou hoxe en Zamora

 

·        “Agardamos que a boa disposición manifestada polo actual titular de Fomento se traduza en prazos máis áxiles e nun ritmo apropiado de execución presupostaría

 

 

Santiago, 5 de maio de 2009.-  “O goberno galego non vai renunciar á dispoñer do AVE nun prazo razoable de tempo”, manifestou esta tarde en Zamora o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no Foro Institucional do AVE Galicia/Castela e León, no que participou xunto co responsable de Fomento da Xunta de Castela e León, Antonio Silván, e o deputado nacional por Ourense Celso Delgado, entre outros poñentes.

 

Hernández insistiu en que a Xunta pretende conseguir nesta nova etapa un amplo consenso parlamentario que asegure a máxima celeridade e eficacia no desenvolvemento desta infraestrutura.

 

“Aínda que parece evidente que nos últimos anos non se actuou dende  Fomento coa dedicación requirida, temos a esperanza de que os novos interlocutores no ministerio, comezando polo seu titular, coñecen as nosas necesidades e teñen recoñecido tamén a lentitude e a falta de empeño  coa que se tramitaron as obras ata o de agora. Agardamos que esa boa disposición se traduza en prazos máis áxiles e nun ritmo apropiado de execución presupostaría”, manifestou o responsable de infraestruturas da Xunta.

 

Agustín Hernández sinalou que a prioridade agora consiste na adopción dun “compromiso expreso por parte do Goberno central, cun calendario real de prazos de execución e de anualidades presupostarías  que nos fagan visualizar aos galegos que existe a vontade inequívoca de levar a cabo estas obras no prazo mais breve de tempo”.

 

O conselleiro ofreceu a lealdade da Xunta de Galicia para afrontar este desafío de forma conxunta entre as administracións, “con responsabilidade e altura de miras, sen enzarzarse en discusións estériles sobre incumprimentos de prazos, pero tamén con transparencia e sen mais dilacións, porque se trata dunha infraestrutura vital para o Noroeste peninsular e para o deseño ferroviario español”.

 

 

FRONTE COMÚN GALICIA-ZAMORA

A unión entre Galicia e Zamora nunha fronte común para tratar de axilizar ao máximo a chegada da alta velocidade ferroviaria polo corredor Noroeste quedou formalizada oficialmente hoxe coa creación do Foro Institucional AVE Galicia/Castela e León. Esta iniciativa pretende ser un espazo aberto ao debate, a análise e o impulso desta rede ferroviaria, e nel están implicados representantes institucionais dos gobernos autonómicos de Galicia e Castela e León, así como expertos na rede ferroviaria de alta velocidade, axentes sociais e económicos. A conclusión desta liña no menor prazo posible é o obxectivo último que perseguen os promotores do Foro

Documentos relacionados

Documentos relacionados