• A partir de mañá os interesados poderán acollerse a estas subvencións, cuxo prazo de
solicitude permanecerá aberto durante os próximos dous meses
• Poderán solicitalas os promotores, tanto públicos como privados, de vivendas de nova
construción ou rehabilitadas sempre que se destinen ao alugueiro cun prezo regulado durante un
período mínimo de 25 ou 40 anos
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020.- A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda mobilizará un total de 2.854.576 euros a fomentar a promoción de vivendas
destinadas ao alugueiro por medio de dous programas de subvencións dirixidos a promotores, tanto
públicos como privados. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convocan
paralelamente as axudas para o fomento do parque de vivenda en alugueiro e as axudas para a
promoción de vivendas destinadas a maiores de 65 anos e a persoas con discapacidade.
Este é o segundo ano consecutivo que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca este
programa, ao abeiro do cal xa se concederon en 2019 axudas para a construción ou rehabilitación dun
total de 96 vivendas por importe de preto de 2,4 millóns de euros. Todos os interesados na
convocatoria deste ano poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e durante un prazo de
dous meses.
Promoción de vivendas en alugueiro con carácter xeral
A resolución pola que se convocan as axudas á promoción de vivendas en alugueiro con carácter
xeral, cunha dotación de 1.535.654 euros para as anualidades 2020 e 2021, establece que a contía
das mesmas poderá chegar ata os 350 euros por metro cadrado. As vivendas deberán destinarse ao
alugueiro durante un prazo mínimo de 25 anos a persoas e familias con ingresos que non superen 4,5
veces a contía do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), aínda que no caso das
familias numerosas e de persoas con determinadas discapacidades, os ingresos máximos poderán chegar
a 5 veces o IPREM.
Poderán beneficiarse destas axudas os promotores, tanto públicos como privados, así como
cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social e organizacións non
gobernamentais, entre outros, que cumpran os requisitos establecidos.
As subvencións poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como a aquelas
procedentes de rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro do
ano 2020 e o inmoble conte con, polo menos, cinco vivendas. Tamén poderán aplicarse a vivendas con
obras en curso paralizadas e que se retomen por esta vía ata a súa completa finalización.
Segundo as bases polas que se rexen estas axudas, establécense dúas contías en función dos
ingresos dos futuros inquilinos das vivendas.
Así, cando as vivendas se vaian destinar ao alugueiro por persoas ou familias con ingresos
que non superen tres veces o IPREM (4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con determinadas
discapacidades), o importe da axuda será de 350 euros por metro cadrado útil de vivenda e non se
terán en conta nin o garaxe nin o rocho. A contía máxima desta subvención non poderá superar o 50
por cento do investimento da actuación, cun límite máximo de 36.750 euros por vivenda.
O prezo de alugueiro destas vivendas tamén estará limitado, e oscilará entre os 3,70 e os
4,90 euros por metro cadrado útil de vivenda, sen incluír o prezo do garaxe e do rocho.
Por outra banda, en caso de que as vivendas se vaian destinar ao alugueiro por parte de
persoas ou familias con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM (5 veces no caso de familias
numerosas ou con determinadas discapacidades), o importe da axuda será de 300 euros por metro
cadrado útil de vivenda, sen ter en conta o garaxe e o rocho. A contía máxima desta subvención non
poderá superar o 40 por cento do investimento da actuación, cun límite máximo de 31.500 euros por
vivenda.
O prezo de alugueiro, neste caso, moverase entre os 4,12 e os 5,23 euros por metro cadrado,
segundo a área xeográfica.
No seguinte cadro resúmense as contías das rendas en función dos ingresos dos inquilinos e o
ámbito territorial no que estean as vivendas.
Ingresos máximos dos inquilinos
|
Ámbito territorial
|
Renda/m
2
útil de vivenda
|
Renda/m
2
útil de rocho e garaxe
|
3 veces o
IPREM
(4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con
determinadas discapacidades)
|
Prezo máximo superior
|
4,90 €
|
2,94 €
|
Zona 1
|
4,26 €
|
2,56 €
|
Zona 2
|
3,70 €
|
2,22 €
|
4,5 veces o
IPREM
(5 veces no caso de familias numerosas ou con determinadas
discapacidades)
|
Prezo máximo superior
|
5,23 €
|
3,14 €
|
Zona 1
|
4,55 €
|
2,73 €
|
Zona 2
|
4,12 €
|
2,47 €
|
Vivendas destinadas a maiores ou persoas con discapacidade
A convocatoria das axudas para vivendas destinadas a persoas maiores ou con algunha
discapacidade publicada hoxe dispón dunha dotación económica de 1.318.922 euros para as anualidades
2020 e 2021. Poderán recibir estas subvencións os promotores, tanto públicos como privados, así
como cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social e organizacións
non gobernamentais, entre outros, sempre que cumpran os requisitos establecidos.
As axudas poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como ás procedentes de
rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro de 2020 e o inmoble
conte neste caso con, polo menos, oito vivendas.
Ademais, os edificios deberán dispoñer dunhas instalacións e servizos comúns que terán que
incluír como mínimo asistencia social, atención médica básica 24 horas dispoñible e próxima,
limpeza e mantemento, dispositivos e sistemas de seguridade, restauración, actividades sociais,
deportivas, de ocio e culturais, así como terapias preventivas e de rehabilitación. O deseño dos
espazos garantirá a adecuación e a accesibilidade para o seu uso por persoas maiores ou, no seu
caso, persoas con discapacidade.
As vivendas financiadas con cargo a este programa, que neste caso deberán destinarse ao
alugueiro durante un prazo mínimo de 40 anos, unicamente poderán ser alugadas ou cedidas en uso ás
persoas maiores de 65 anos ou a persoas con discapacidade (coas súas familias en caso de persoas
tuteladas), cuxos ingresos, incluídos os de todas as persoas que constitúan a súa unidade de
convivencia, non superen cinco veces o IPREM.
Ademais, os inquilinos non poderán dispoñer, no momento do alugueiro, de vivenda propia ou en
usufruto, e o seu patrimonio, para os efectos da Lei do imposto sobre o patrimonio, deberá ser
inferior a 200.000 euros.
O importe máximo das axudas será de 400 euros por metro cadrado útil de vivenda e non se
terán en conta nin o garaxe nin o rocho. A contía máxima desta subvención non poderá superar o 40
por cento do investimento da actuación.
O prezo de alugueiro terá un tope que oscilará entre os 4,12 e os 5,23 euros por metro
cadrado, segundo a área xeográfica.
Ingresos máximos dos inquilinos
|
Ámbito territorial
|
Renda/m
2
útil de vivenda
|
Renda/m
2
útil de rocho e garaxe
|
5 veces o IPREM
|
Prezo máximo superior
|
5,23 €
|
3,14 €
|
Zona 1
|
4,55 €
|
2,73 €
|
Zona 2
|
4,12 €
|
2,47 €
|