• En Ribadumia adxudicaranse dúas vivendas e en Vilagarcía catro
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020.- A Comisión provincial de vivenda
aprobou esta semana a lista definitiva de adxudicatarios de vivendas de promoción pública
correspondentes aos concellos de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa.
En Ribadumia aprobouse unha lista definitiva de catro adxudicatarios para as dúas vivendas de
promoción pública, de tres dormitorios, dispoñibles para adxudicación; mentres que en Vilagarcía
son catro as vivendas dispoñibles e aprobouse unha lista con dezasete adxudicatarios, de maneira
que si os primeiros da lista renuncian á vivenda adxudícase ao primeiro da lista de espera, sen que
sexa preciso iniciar un novo procedemento de adxudicación que alargaría o proceso de entrega de
chaves.