• A adxudicación realizarase en réxime de alugueiro a persoas maiores de 60 anos
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020-. A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, entrega esta semana aos seus
adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública emprazadas no Bosque dos Desamparados, no
concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. A primeira das entregas tivo lugar hoxe e a segunda
está prevista para mañá, 29 de outubro.
En ambos casos as adxudicacións realizáronse en réxime de alugueiro e a persoas maiores de 60
anos. Concretamente, emprázanse nun inmoble de vivendas de promoción pública destinadas a ser
alugadas tanto a menores de 35 anos como a maiores de 60.
A vivenda entregada hoxe, consta dun só dormitorio, salón-cociña, recibidor, baño, praza de
garaxe e rocho. A de mañá ten a mesma distribución aínda que, neste caso, dispón de dous
dormitorios.