• A empresa pública Xestur licitará este contrato nos próximos días
• O parque empresarial ocupa unha superficie total de preto de 304.000 m2, e contará cunha
media de 21 parcelas
•
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021.- A Xunta de Galicia investirá preto de
100.000 euros na redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial de Pontecesures
(Pontevedra), así como do Proxecto de Interese Autonómico (PIA).
O Consello de administración da sociedade pública Xestur Galicia vén de aprobar esta
contratación pública, que se formalizará nos próximos días por un importe de 99.730 euros e un
prazo de execución de trece meses.
O parque empresarial de Pontecesures terá unha superficie total de arredor de 304.000 m2, dos
que máis de 182.000 m2 se corresponden coas -aproximadamente- 21 parcelas de usos industrial e
comercial nas que quedará dividido.