Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA LICITARÁ A URBANIZACIÓN DA AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE XINZO DE LIMIA POR MÁIS DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS


• A ampliación do parque empresarial ocupará un total de 118.695 m2 e contará con 23 parcelas

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021.-
A Xunta de Galicia investirá máis de 3,6 millóns de euros na urbanización da ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, tal como acordou o Consello de Administración da sociedade pública Xestur Galicia.

A empresa pública licitará o contrato para a execución das obras de urbanización do polígono 2 do parque empresarial de Xinzo de Limia, por un importe de 3.604.826 euros e un prazo de execución de nove meses.

Paralelamente, Xestur tamén licitará o contrato para a dirección das obras de urbanización, por un importe de 88.000 euros.

Coa ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, este terá unha superficie total de 118.695 m2, dos que 86.521 m2 se corresponden ás 23 parcelas de usos industrial e comercial nas que quedará dividido esta área empresarial.