• No sorteo, que se fará mañá, 8 de xuño, seleccionaranse cinco solicitantes e os que non
resulten adxudicatarios quedarán nunha lista de agarda para futuras vacantes
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021.- A Xunta de Galicia realizará mañá, día
8 de xuño, o sorteo ante notaría dunha vivenda de promoción pública (VPP) no concello de Melide.
Concretamente, trátase dunha vivenda que xa fora adxudicada con anterioridade e que agora se volve
adxudicar unha vez que volveu a mans da Xunta.
A vivenda, emprazada na rúa José Cándido Paz Ares número 4, dispón de tres dormitorios, cunha
superficie útil total de 79,32 metros cadrados. Ademais, conta cunha praza de garaxe e rocho.
No sorteo para proceder á súa adxudicación entrarán todos os solicitantes de vivenda
protexida inscritos en Melide no Rexistro de Demandantes de Vivenda. De entre todos eles,
seleccionarase a un total de cinco, quedando en lista de agarda para futuras vacantes aquelas
persoas seleccionadas que non resulten adxudicatarias desta vivenda.