Vigo, 23 de xuño de 2021.- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e
delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o barrio histórico para
supervisar as obras en execución polo organismo público. Trátase dos inmobles das rúas San
Francisco 15 e Berbés 29, actualmente en construción e que suporán a incorporación de seis novas
vivendas ao histórico do ente rehabilitador.
Segundo sinalou a representante autonómica os traballos avanzan a bo ritmo e xa se pode
albiscar o resultado final dos deseños interiores, especialmente en San Francisco 15 onde a
execución esta máis adiantada. En conxunto seis novas vivendas que, tal e como recordou
Fernández-Tapias, se atopan nestes intres en proceso de adxudicación por parte del Instituto Galego
de Vivenda e Solo e que se suman as adxudicadas este ano en Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16.
Na rúa San Francisco 15 atópanse dúas das vivendas do Consorcio, que actualmente están en
execución
Número de vivendas
|
Características das vivendas
|
Prezo de venda
|
1
|
110,54
m
2. 3 dormitorios. Baixo e 1º andar
|
188.000 €
|
1
|
119,65 m
2. 3 dormitorios. 2º e 3º andar
|
210.000 €
|
As outras catro están na rúa Ribeira Berbés 29, tamén en estado de execución
vivendas
|
Características das vivendas
|
Prezo de venda
|
1
|
80,05 m
2. máis rocho. 1 dormitorio.
|
145.000 €
|
1
|
117,65 m
2. máis rocho. 2 dormitorios.
|
215.000 €
|
1
|
118,60 m
2. máis rocho. 2 dormitorios
|
216.500 €
|
1
|
82,40 m
2. máis rocho. 2 dormitorios
|
152.500 €
|
Respecto a Berbés 41 subliñou que se trata da maior das rehabilitacións acometidas polo
organismo público nos últimos cinco anos, pois suman en conxunto unha superficie total rehabilitada
de 795,70 metros cadrados que agrupa tres edificios Berbés 29 e 31 e Poboadores 40, adquiridos
conxuntamente no ano 2018.
Así, Fernández-Tapias destacou a intensa labor de rehabilitación desenvolvida polo Consorcio
Casco Vello de Vigo desde a súa constitución, coa adquisición de 82 edificios e a posta no mercado
de 111 vivendas de protección autonómica (VPA). Especialmente nunha cidade, dixo, que acumula o
maior número de demandantes de vivenda e que carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal
(PXOM).