Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ASINA AS ESCRITURAS DA ADXUDACIÓN DUNHA PARCELA NA PLISAN

Trátase dun ámbito de 2.630 m2 asignado á empresa Arbinova, que xa contaba cunha superficie de 2.570 m2 neste ámbito localizado no sur da provincia de Pontevedra

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022.-
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, asinou está mañá as escrituras de adxudicación -en réxime de dereito de superficie- da parcela asignada á empresa Arbinova na Plataforma loxísitica e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan). Na sinatura de escrituras tamén participaron representantes da Autoridade Portuaria de Vigo e da Zona Franca, promotores -xunto co IGVS- da Plisan.

O ámbito adxudicado suma unha superficie de 2.630,23 m2 e foi vendido en réxime de dereito de superficie, unha opción que permite á empresa acceder ao solo empresarial nas mellores condicións económicas, xa que os dous primeiros anos o canon a pagar é de 1,08 euros por m2/ano.

Cómpre lembrar que a mesma empresa xa dispón doutra parcela na Plisan, adxudicada en 2020, cunha superficie de 2.570,90 m2 que é contigua á parcela adxudicada.