- Durante a xuntanza, o alcalde anunciou que tamén se adherirá ao Programa de Vivendas Baleiras
- Este sistema
é unha ferramenta que o Executivo autonómico pon a disposición dos concello, que xestionan tanto a
incorporación de vivendas como a súa adxudicación
- Na
actualidade, están adheridos ao mesmo 32 municipios de toda Galicia e outros sete están tramitando
a súa incorporación
Santiago, 1 de febreiro de 2017
.- A Xunta e o Concello de Noia buscarán fórmulas para establecer a colaboración
de ambas administracións en actuacións directas de rehabilitación no casco histórico da vila
coruñesa, tal como acordaron hoxe o director do IGVS, Heriberto García Porto, e o alcalde, Xosé
Santiago Freire, que mantiveron unha xuntanza onde tamén falaron sobre a aplicación do Programa de
Vivendas Baleiras.
En
relación ao programa Rexurbe que leva a cabo o Goberno galego, que articula as actuacións directas
de rehabilitación nos cascos históricos galegos, o departamento que dirixe Ethel Vázquez e o
municipio noiés prevén actuar en edificios de vivendas do casco histórico propiedade do Concello.
Este programa está xa en aplicación en municipios como Lugo e, en breve, permitirá rehabilitar
varios edificios de vivendas no casco vello de Betanzos.
Deste
xeito, durante a reunión, director do IGVS e o alcalde de Noia acordaron iniciar o proceso de
análise e estudo das posibles actuacións a realizar no marco do Rexurbe. As actuacións directas que
se realicen ao amparo deste programa complementarán as axudas para rehabilitación concedidas aos
propietarios de vivendas no marco da Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de
Noia.
Na
xuntanza, tamén trataron diversos aspectos da aplicación do Programa de Vivendas Baleiras, posto
que o concello xa aprobou a solicitude de adhesión. Este sistema permite ofrecer vivendas baleiras
en réxime de alugueiro a prezo reducido e con garantías para os propietarios grazas aos seguros de
impago e multirrisco fogar subscritos pola Xunta. Ademais, os adxudicatarios de ditas vivendas
poderán acceder ás axudas do Bono de Alugueiro Social cando cumpran os requisitos establecidos para
o mesmo.
O
Programa de Vivendas Baleiras é unha ferramenta que o Executivo autonómico pon a disposición dos
concello, que xestionan tanto a incorporación de vivendas como a súa adxudicación. Actualmente,
están adheridos ao mesmo 32 municipios de toda Galicia e outros sete están tramitando a súa
incorporación.