Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA DE GALICIA ADXUDICA CINCO VIVENDAS NO CONCELLO CORUÑÉS DE CEE A FAMILIAS DE EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

- Neste ano, o Goberno galego adxudicou outras 34 vivendas cedidas por entidades financeiras
- A adxudicación de estes inmobles, cedidos por Abanca e Sareb, realízase en réxime de alugueiro social


Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017
.- A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, propuxo a adxudicación de cinco vivendas, emprazadas no Concello coruñés de Cee, a outras tantas familias en situación de vulnerabilidade.

Estes inmobles, que adxudicará a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, foron cedidas por Abanca (tres vivendas) e Sareb (2 vivendas). Neste ano, o Goberno galego adxudicou directamente outras 34 vivendas cedidas por Sareb ou polo resto de entidades financeiras.

Estas vivendas adxudícanse en réxime de alugueiro social a familias afectadas por desafiuzamentos por impago da hipoteca ou o alugueiro e a outras familias en situación de vulnerabilidade, como é o caso das cinco que a Comisión Provincial de Vivenda propón adxudicar en Cee.

Por outra parte, a Comisión tamén propuxo a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública propiedade do departamento que dirixe Ethel Vázquezen Santiago de Compostela e A Coruña.

Inicio de procedementos
Ao mesmo tempo, a Comisión tomou o acordo de iniciar os procedementos de adxudicación de vivendas de promoción pública nos concellos de Santiago de Compostela (10 vivendas), A Coruña (6 vivendas) e Betanzos (1 vivenda).