• Poden solicitalas promotores públicos e privados de inmobles novos ou rehabilitados
destinados a alugueiro a prezo regulado durante un mínimo de 25 anos
• O importe máximo destas subvencións será de 350 euros por metro cadrado de superficie útil
de cada vivenda, sen ter en conta nin garaxes nin rochos
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021.- A Xunta de Galicia destinará máis de
3,6 millóns a fomentar o parque de vivendas destinadas ao alugueiro por medio de axudas aos
promotores das mesmas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convocan
estas subvencións, que poden chegar ata os 350 euros por metro cadrado.
As vivendas construídas ou rehabilitadas deberán destinarse ao alugueiro durante un período
mínimo de 25 anos por parte de persoas e familias que non superen os ingresos establecidos nas
propias bases do programa.
En canto aos beneficiarios, poderán recibir estas axudas os promotores das vivendas, tanto
públicos como privados, así como as cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de
economía social e organizacións non gubernamentais, entre outros, que cumpran os requisitos
fixados.
As axudas poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como ás procedentes de
rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro deste ano e o
inmoble conte con, polo menos, cinco vivendas. Tamén poderán beneficiarse aquelas con obras en
curso paralizadas que se retomen ata a súa completa finalización.
Importe da axuda
Así mesmo, as bases polas se rexen estas subvencións establecen dúas contías diferentes de
axudas en función dos ingresos dos futuros inquilinos das vivendas.
Deste xeito, cando se vaian destinar ao alugueiro por parte de persoas ou familias con
ingresos que non superen 3 veces o Iprem (4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con
determinadas discapacidades), o importe da axuda que percibirán os promotores será de 350 euros por
metro cadrado útil de vivenda, sen ter en conta nin o garaxe nin o rocho. A contía máxima da
subvención, en todo caso, non poderá superar o 50% do investimento da actuación, cun límite de
36.750 euros por vivenda.
En canto ao prezo máximo do alugueiro destas vivendas, oscilará entre os 3,70 e os 4,90 euros
por metro cadrado útil en función da área xeográfica na que estean localizadas (prezo máximo
superior, que se aplicará nas sete cidades; zona 1, para concellos e vilas de tipo urbano; e zona
2, municipios de tipo rural). Ademais, os inquilinos tamén pagarán polo garaxe e o rocho entre 2,22
e 2,94 euros o metro cadrado.
Por outra banda, no caso de que as vivendas se vaian destinar ao alugueiro por parte de
persoas ou familias con ingresos que non superen 4,5 veces o Iprem (5 veces no caso de familias
numerosas ou con determinadas discapacidades), o importe da axuda será de 300 euros por metro
cadrado útil de vivenda, sen ter en conta o garaxe e o rocho.
A contía máxima destas subvencións non poderá superar o 40% do investimento da actuación, cun
límite de 31.500 euros por cada vivenda.
Así mesmo, no que respecta ao importe do alugueiro nestes casos, oscilará entre os 4,12 e os
5,23 euros por metro cadrado útil da vivenda segundo a zona na que estea emprazada. O custo de
garaxe e rocho moverase entre os 2,47 e os 3,14 euros.
Ingresos máximos dos inquilinos
|
Ámbito territorial
|
Renda/m
2
útil de vivenda
|
Renda/m
2
útil de rocho e garaxe
|
3 veces o Iprem
(4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con
determinadas discapacidades)
|
Prezo máximo superior
|
4,90 €
|
2,94 €
|
Zona 1
|
4,26 €
|
2,56 €
|
Zona 2
|
3,70 €
|
2,22 €
|
4,5 veces o Iprem
(5 veces no caso de familias numerosas ou con determinadas
discapacidades)
|
Prezo máximo superior
|
5,23 €
|
3,14 €
|
Zona 1
|
4,55 €
|
2,73 €
|
Zona 2
|
4,12 €
|
2,47 €
|
Cómpre lembrar que un total de 96 vivendas xa se beneficiaron das axudas outorgadas ao abeiro
deste programa, con preto de 2,4 millóns de euros concedidos.