-
O IGVS considera recibida polo Concello a zona verde de San Paio de Navia, posto que realizou
na mesma obras de instalación de mobiliario urbano, fixándoo permanentemente ao pavimento, e
instalou carteis da Alcaldía de Vigo.
-
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ofrece ao Concello a súa
colaboración temporal no mantemento da zona verde unha vez que a administración municipal se faga
cargo da mesma.
-
A comunicación de remate das reparacións xa foi trasladada á xerencia de urbanismo en decembro,
sen obter resposta.
-
O organismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xa
realizou as obras de reparación solicitadas polo concello, que contan co visto e prace dos técnicos
municipais no referente ás instalacións electromecánicas, mentres que as instalacións fotovoltaicas
xa teñen a aprobación da compañía eléctrica.
-
Polo que se refire á xardinería, foron substituídos 44 exemplares de árbores secos ou en mal
estado, baixo a supervisión dos técnicos municipais, e o sistema de rego está axustado ao previsto
no proxecto orixinal.
Santiago, 17 de xaneiro de 2011.- O Concello de Vigo deberá facerse cargo do
mantemento da zona verde de San Paio de Navia ao finalizar o mes de xaneiro, unha vez que se
realizaron as reparacións indicadas polos técnicos municipais. O director xeral do IGVS comunicou
por escrito ao alcalde de Vigo a necesidade de que a administración municipal se encargue do
mantemento, despois de que na segunda quincena de decembro tamén lle comunicara á xerencia de
urbanismo o remate das obras solicitadas, sen obter ningunha resposta.
O IGVS considera recibida polo Concello de Vigo a zona verde de San Paio de Navia, posto que a
administración municipal realizou na mesma obras de instalación de mobiliario urbano, fixándoo
permanentemente ao pavimento, e instalou carteis da Alcaldía de Vigo, cousa que non terían feito se
non considerase que dito parque é propiedade do Concello.
A zona verde de San Paio de Navia conta xa co visto e prace dos técnicos municipais no
referente ás instalacións electromecánicas, mentres que as instalación fotovoltaicas xa teñen a
aprobación da compañía eléctrica. Polo que se refire á xardinería, foron substituídos 44 exemplares
de árbores secos ou en mal estado, baixo a supervisión dos técnicos municipais, e o sistema de rego
está axustado ao previsto no proxecto orixinal.
Resulta evidente que a falta de mantemento da zona verde podería causar danos na mesma, de
maneira moi especial sobre o céspede e especies vexetais do parque, polo que o Concello deberá
facerse cargo de dito mantemento unha vez que, a finais deste mes, deixen de facelo os operarios
actuais.
En calquera caso, o IGVS manifesta unha vez máis a súa disposición a colaborar co Concello de
Vigo no mantemento da zona verde de San Paio de Navia, por un período de tempo a determinar, unha
vez que o Concello se faga cargo da mesma.