-
Hoxe celebrouse o sorteo de asignación de vivendas entre os adxudicatarios no salón de actos da
Delegación Territorial da Xunta en Vigo.
-
As vivendas son de 2, 3 e 4 dormitorios e teñen unha superficie útil que vai dende os 62 aos 90
metros cadrados.
-
Os adxudicatarios poderán visitar as súas vivendas a vindeira semana e agora contan cun prazo
dun mes para continuar co resto de trámites administrativos.
Vigo, 09 de novembro de 2010.- Os adxudicatarios das 32 vivendas de promoción
pública do polígono de Torneiros, en O Porriño, asistiron esta mañá ao sorteo de asignación das
súas vivendas no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo.
A vindeira semana poderán visitar e coñecer a vivenda que lle tocou no sorteo celebrado hoxe
e, agora, contan cun prazo dun mes para continuar co resto de trámites administrativos co obxectivo
de poder facer entrega das chaves nos vindeiros meses.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, comprobou de primeira man o desenrolo
do sorteo e destacou o “momento de satisfacción” que as familias adxudicatarias están a vivir con
este novo paso no proceso. Coma sinalou en declaracións aos medios de comunicación, agora e unha
vez que se levou a cabo o sorteo, deben comezar os trámites de formalización de compravenda e
aluguer para entregar as vivendas nos vindeiros meses.
As VPP do polígono de Torneiros son en total 32, das que 6 son destinadas a realoxos, 17 a
compravenda e 9 a aluguer. Trátase de vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios con superficies útiles que
van dende os 62 aos 90 metros cadrados “coas mellores calidades, solos de madeiras de roble e bos
alicatados”, coma así explicou Molares. A meirande parte das vivendas adxudicadas e sorteadas hoxe
dispoñen de 2 dormitorios. En concreto, trátase de 13 vivendas mentras que as de 3 dormitorios son
un total de 7 e, por último, as de 4 dormitorios son un total de 6 vivendas.
A construción desta promoción de vivendas públicas por parte do Instituto Galego de Vivenda e
Solo (IGVS), pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tivo un
orzamento de case 2,5 millóns de euros. “A Xunta aposta porque as persoas teñan vivendas dignas”,
recalcou Molares aos adxudicatarios.
A partires de agora, os adxudicatarios visitarán as vivendas a semana que ven, momento no que
se lles entregará a carta de adxudicación e se lles explicará o resto de trámites administrativos
que se teñen que levar a cabo para rematar o proceso.